Berres, A Estrada
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Berres.
| Berres | |
|---|---|
| Igrexa de San Vicenzo de Berres. | |
| Concello | A Estrada |
| Área | - km² |
| Poboación | (Ano 2010) 431 hab. |
| Densidade | - hab./km² |
| Entidades de poboación | 15 |
San Vicenzo de Berres é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés da Estrada. Segundo o IGE en 2010 tiña 431 habitantes (206 mulleres e 225 homes), distribuídos en 15 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 597 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 549 persoas.
Índice |
[editar] Xeografía
Área recreativa e praia fluvial O Areal.
[editar] Patrimonio
- Igrexa de San Vicenzo de Berres, datada en 1133, conserva algún resto románico.
- Cruceiro da igrexa.
- Hórreos en Vilancosta e na casa reitoral.
[editar] Persoeiros de Berres
No lugar de Vilancosta naceu Marcial Valladares Núñez (1821-1903), xornalista sobranceiro, poeta, novelista e lexicógrafo e a súa irmá Avelina Valladares.
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Berres, A Estrada.
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares de Berres
| Lugares da parroquia de Berres no concello da Estrada (Pontevedra) | |
|---|---|
|
Berres | Celeiróns | A Igrexa | Mato | A Mouteira | Pazos | O Pereiro | Porto | Rabuñado | A Ribeira | Rocaforte | Servide | Ulla | Vilancosta | Vilasusán |