Curantes, A Estrada
| Curantes | |
|---|---|
| Igrexa de San Miguel de Curantes. | |
| Concello | A Estrada |
| Área | - km² |
| Poboación | (Ano 2009) 204 hab. |
| Densidade | - hab./km² |
| Entidades de poboación | 12 |
San Miguel de Curantes é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2009 tiña unha poboación de 204 habitantes (114 mulleres e 90 homes), distribuída en 12 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 305 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 448 persoas.
Índice |
[editar] Xeografía
O río Curantes, afluente do Liñares, forma un espazo natural onde se atopan dúas fervenzas denominadas “Picho da Fervenza” e “Poza de Maimón”. Estes saltos de auga foron aproveitados para a instalación de muíños. O val nas ladeiras do monte de San Sebastián foi declarado de Interese Paisaxístico.
[editar] Patrimonio
- Casa de Recarei.
- Cruceiro en Pousada.
- Muíño no picho de Curantes.
[editar] Hórreos
- Hórrea na casa de Xesús Reboredo en Curantes Vello.
- Hórrea da Pica en Curantes.
[editar] Festas
Na Carballeira de Pousada celébrase a Romaría Interxeracional dos Pereiriños, como homenaxe ao labor cultural e económico dos emigrantes que a principios do século XX crearon as Sociedades de Instrución para construír escolas en Galicia. A súa orixe remóntase a 1916 cando se fixo o primeiro certame escolar na carballeira co obxectivo de incentivar a asistencia dos nenos á escola; foi organizado polo Sindicato Agrario de Pardemarín, con fondos dos emigrantes de América.
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Curantes, A Estrada.
-
Busto de Ramón Verea.
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares de Curantes
| Lugares da parroquia de Curantes no concello da Estrada (Pontevedra) | |
|---|---|
|
Cortes | Curantes Novo | Curantes Vello | Esmorís | O Fieitoso | A Nogueira | A Pena Barreira | As Pereiras | O Porto | Pousada | San Martiño | Sinteiro |