Callobre, A Estrada
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Callobre.
| Callobre | |
|---|---|
| Igrexa de San Martiño de Callobre. | |
| Concello | A Estrada |
| Área | - km² |
| Poboación | 426 hab. (2011) |
| Entidades de poboación | 12 |
San Martiño de Callobre é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2011 tiña 426 habitantes (239 mulleres e 187 homes), distribuídos en 12 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 667 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 372 persoas.
Índice |
Xeografía [editar]
- Fervenza de Callobre, atópase un salto de auga no río Liñares formando un singular espazo natural.
- Sobreira de Valiñas, esta centenaria sobreira de grandes dimensións pertence ao Pazo do mesmo nome.
Patrimonio [editar]
- Casa de Valiñas, no lugar de Vilar, preto do río Liñares, pertenceu aos Figueroa Bermúdez. Destaca a cheminea e entre as dependencias, un hórreo e unha capela.
Galería de imaxes [editar]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Callobre, A Estrada.
Lugares e parroquias [editar]
Lugares de Callobre [editar]
| Lugares da parroquia de Callobre no concello da Estrada (Pontevedra) | |
|---|---|
|
A Aldea Grande | Cimadevila | Figueira | Friamonde | Os Loureiros | Nogueira | O Outeiro | Ponteliñares | Pousada | A Riba | Vilafruxil | O Vilar |