Participio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gramática
Tempos verbais
Indicativo
Subxuntivo
Imperativo
Formas infinitas

O Participio é unha forma infinita do verbo. É a forma verbal menos marcada e comparte co adxectivo as seguintes características:

  • Non admite clíticos.
  • Ten flexión de xénero e número: rematado,-a,-os
  • Admite superlativos (Fiquei sorprendidísima) e diminutivo(Está acabadiño)
  • Pode ir acompañado por adverbios: Bastante avanzado
  • Pode ser pronominalizado: Se ela é castigada, ti tamén o serás
  • Combínase con adxectivos e substantivos: Está alegre e decidida
  • Forma adverbios en -mente: caladamente
  • Pode substantivarse: Os vencidos

Funcións[editar | editar a fonte]

Sintacticamente pode ter as seguintes funcións:

Formas[editar | editar a fonte]

Os participios regulares presentan o seguinte paradigma:

andado varrido partido