Remesar, A Estrada
| Remesar | |
|---|---|
| Igrexa de San Cristovo de Remesar. | |
| Concello | A Estrada |
| Área | - km² |
| Poboación | 135 hab. (2011) |
| Entidades de poboación | 10 |
San Cristovo de Remesar é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2011 tiña unha poboación de 135 persoas (72 mulleres e 63 homes), distribuída en 10 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 246 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 212 persoas.
Índice |
Xeografía [editar]
Está situada na aba do monte Sisalto, no val do río Ulla. Limita coas parroquias de Orazo, Agar, Loimil, San Tomé de Ancorados, Riobó e Oca.
Patrimonio [editar]
O castro de Remesar está situado a carón da igrexa. Nel foron atopados restos de muíños de man.
A igrexa parroquial, de estilo románico, está datada entre os séculos XII e XIII. Dela destaca a súa fachada románica con arco apuntado sobre dúas columnas de capitel. No adro da igrexa hai un cruceiro con pedestal cúbico, unha columna octogonal lisa, capitel con volutas e follas de acanto e cruz latina de brazos redondos co cristo crucificado no anverso.
Festas [editar]
A festa patronal celébrase o día 10 de xullo. Tamén se celebra o San Ramón o primeiro sábado de setembro.
Lugares e parroquias [editar]
Lugares de Remesar [editar]
| Lugares da parroquia de Remesar no concello da Estrada (Pontevedra) | |
|---|---|
|
A Aldea Grande | Cibreiros | A Devesa | A Fonte Soutelo | O Outeiro | Peizás | A Rabeta | O Rego | Vilanova | A Vilasusán |