Trasdeza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Trasdeza foi unha das antigas xurisdicións máis orientais da outrora provincia de Santiago. Correspóndese practicamente co actual concello de Silleda e todas as súas freguesías pertencían ao arciprestado de Trasdeza (hoxe arciprestado de Deza-Trasdeza). Tamén se coñece con este nome o propio territorio de Silleda, coincidente coas terras bañadas polo río Toxa.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Asentada no que é agora o concello de Silleda, limitaba ao norte co río Deza e o coto de Carboeiro, ao sur coa xurisdición de Montes, leste co río Deza de novo, e ao oeste, coa xurisdición de Tabeirós. Por ela transcorrían os ríos Toxa, Escuadro, Refoxos e do Candán, así como o propio Deza, que a bordeaba.

Esta xurisdición contaba con 23 freguesías, ademais de diversos cotos como os de Refoxos, Bazar, Rosende, San Nicolás, Outeiro e Vilariño.

Historia[editar | editar a fonte]

Trasdeza pertenceu durante todo o século XVIII e parte do XIX á antiga provincia de Santiago. No relixioso, pertencía na súa totalidade á diocese de Lugo, pero era do señorío xurisdicional do arcebispo de Santiago. Aínda que case todas as freguesías eran de señorío abadengo[1], quedando excluídas as seguintes:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O señorío abadengo fai referencia á xurisdición ordinaria do arcebispo de Compostela

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Rodríguez Ferreiro, Hilario (1973). La tierra de Trasdeza: Una economía rural antigua. Santiago de Compostela.