Arnois, A Estrada
| Arnois | |
|---|---|
| Concello | A Estrada |
| Área | - km² |
| Poboación | (Ano 2009) 398 hab. |
| Densidade | - hab./km² |
| Entidades de poboación | 19 |
San Xiao de Arnois é unha parroquia situada no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2009 tiña 398 habitantes (206 mulleres e 192 homes), o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 592 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 218 persoas.
Índice |
[editar] Xeografía
Limita ao norte coa parroquia de San Miguel de Castro (separada polo regato de Eileixido), ao sur con Riobó e Berres (separadas polo río Boo), ao leste Oca (co regato da Grela por medio) e ao oeste o río Ulla.
Dista da Estrada uns 13 km. Pasan por Arnois a estrada N-525 (Santiago a Ourense) e a provincial de Callobre á Ponte Ledesma. As demais vías consisten en camiños veciñais e as pontes Ulla e Eileixido.
[editar] Etimoloxía
O topónimo Arnois, ao igual que outros como Arnoia, Arnela ou Arnego, poderían proceder da raíz preindoeuropea *arn, que viría indicando a situación da poboación nun val ou depresión[1].
[editar] Patrimonio
- San Xiao de Arnois, data do século XIII.
- Muíños na Tenencia da Veiga.
- Sobreira de Balboa, é considerada a primeira sobreira de Galicia pola súa antigüidade e polas súas dimensións. Tense constancia dela xa no século XVI, como pertencente á casa da Vila dos Hórreos.
[editar] Festas
- Festa de Santa Paderna. Ten lugar o domingo seguinte ao 19 de outubro. Recibe a centos de devotos ofrecidos que acoden á celebración para curar os “males estraños”.
- A do patrón San Xiao o 7 de xaneiro; a Concepción en maio; o Santísimo en xuño; As Neves o domingo seguinte ao 5 de agosto.
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares de Arnois
| Lugares da parroquia de Arnois no concello da Estrada (Pontevedra) | |
|---|---|
|
O Bruñido | A Cacharela | A Calzada | O Carballal | A Carballeira | O Cercido | A Costa | Os Golmados | A Granxa | Moimenta | A Quenlla | O Regueiro | A Reigada | Riamonde | Ribadulla | San Xiao | Os Tiguillois | Valboa | A Veiga |
[editar] Parroquias da Estrada
[editar] Notas
- ↑ Cabeza Quiles, F.: Os nomes de lugar, p. 46. Ed. Xerais, Vigo 1992