Esquerda política
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2017.) |
Esquerda, en política, é un termo referido (sen precisión particular) ó segmento do espectro político tipicamente asociado a calquera clase de socialismo ou socialdemocracia, en oposición á dereita política e ó liberalismo.
Historia
[editar | editar a fonte]A terminoloxía de esquerda-dereita política está orixinalmente baseada no lugar no que se sentaban os partisanos parlamentarios durante a Revolución Francesa. Os partidarios máis ardentes de medidas revolucionarias radicais eran denominados comunmente como esquerdistas porque sentaban no lado esquerdo das sucesivas asembleas lexislativas.
Dentro da esquerda, existe un amplo espectro político que vai dende o que se considera esquerda moderada até a denominada extrema esquerda. O comunismo (así como a filosofía marxista na que se basea) e o anarquismo están considerados como formas radicais de esquerda política. A esquerda tamén está asociada co sindicalismo e as manifestacións, inda que estes non sexan exclusivos da esquerda. Tamén se consideran de esquerda movementos sociais, como a antiglobalización, o ecoloxismo, o feminismo, o movemento okupa, o pacifismo ou o punk.
Os conceptos de esquerda e dereita, en calquera caso, son relativos ao país e á situación política do propio país e do mundo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |