Colorado, Estados Unidos de América
| |||||
Lema: The Centennial State | |||||
![]() | |||||
Outros Estados dos EUA | |||||
Datos xerais | |||||
---|---|---|---|---|---|
Capital | Denver | ||||
Maior cidade | Denver | ||||
Gobernador | John Hickenlooper | ||||
Lingua oficial: | Inglés | ||||
Área | 269,837 km² (8) | ||||
- Terra | 268,879 km² | ||||
- Auga | 962 km² (0,36%) | ||||
Poboación (2000) | |||||
- Poboación | 4301261 (24) | ||||
- Densidade | 65,46 /km² (37) | ||||
Entrada na Unión | |||||
- Data | 1 de agosto de 1876 | ||||
- Orde | 38º | ||||
Xeografía | |||||
Fuso horario | Montañas: UTC-7/-6 | ||||
Latitude | 37°N - 41°N | ||||
Lonxitude | 102°O - 109°O | ||||
Largo N-S | 451 km | ||||
Ancho E-O | 612 km | ||||
Altitude | |||||
- Altitude media | 2100 m | ||||
- Máis elevado | 4401 m | ||||
- Menos elevado | 1010 m | ||||
Códigos e abreviacións | |||||
- USPS | CO | ||||
- ISO 3166-2 | US-CO | ||||
Sitio web | |||||
www.colorado.gov |
Colorado[1] é un estado americano. Limita ao norte co estado de Wyoming, ao sur co estado de Novo México, ao leste co estado de Kansas, ao oeste co estado de Utah, ao nordeste co estado de Nebraska e ao suroeste co estado de Oklahoma. É un dos catro estados que se encontran no monumento das catro esquinas.
Historia[editar | editar a fonte]
O territorio que recibe o nome de Colorado foi incorporado á Unión en 1803 coa Compra de Louisiana da Francia e a cesión mexicana de territorios en 1848. en 1851 fundouse Saint Louis, a localidade máis antiga do estado, por colonos provenientes do val de Taos. A febre do ouro de 1859 atraeu moitos colonos dentro da área de Denver, aínda que co final do auxe da mineración a poboación diminuíu. O territorio de Colorado era considerado, en 1861, como un Territorio do Estados Unidos non adscrito dentro de ningún outro estado. O sur do territorio de Colorado, malia a falta de respecto de parte do goberno norteamericano cara aos dereitos civís e de propiedade garantida polo Tratado de Guadalupe-Hidalgo, foi poboado por hispánicos provenientes do norte de Novo México. na década de 1880, esta expansión viuse reducida pola competencia cos inmigrantes anglo-americanos e a perda masiva de terras no sistema legal norteamericano. En 1876 conseguiu o status de Estado (gañou así o alcumo de "O Estado do Centenario"). O sufraxio feminino foi garantido en Colorado o 7 de novembro de 1893.
Economía[editar | editar a fonte]
A economía de Colorado está baseada principalmente na agricultura, gandaría, investigación e industria de alta tecnoloxía, procesamento de alimentos, minaría de metais como o ouro, produción de maquinaria, equipamentos de transporte, produtos químicos; e turismo.
O Produto Interno Bruto (PIB) do Estado de colorado en 1999 foi de 153 000 millóns de dólares americanos, 21º no país, cunha Renda per capita de 32.949 dólares (2002).
Principais cidades[editar | editar a fonte]
- Denver, a capital do estado
- Colorado Springs
- Pueblo
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 105. ISBN 84-8158-266-2.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Colorado |