Cum laude

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cum laude é unha locución latina que significa "con loanza", formada pola preposición cum máis o ablativo singular de laus,laudis. Empregábase para resaltar certas cualificacións académicas, normalmente o doutoramento(apto cum laude). Dende 1998 (R.D 778/1998) pode acompañar á cualificación de sobresaliente para amosar a nota máxima na cualificación académica e, polo tanto, preferencia para premio extraordinario. No sistema académico dos EE.UU e doutros lugares do mundo, todas as universidades utilizan frases latinas para sinalar o nivel de distinción académica coa que unha persoa teña cursado un grao académico. Normalmente existen tres graos de honra, que sinalamos abaixo:

cum laude: "con loanza" magna cum laude: "con grandes loanzas" summa cum laude: " con máximas loanzas"