Saltar ao contido

T. S. Eliot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaT. S. Eliot

(1934) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Thomas Stearns Eliot Editar o valor en Wikidata
26 de setembro de 1888 Editar o valor en Wikidata
St. Louis Editar o valor en Wikidata
Morte4 de xaneiro de 1965 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Kensington Editar o valor en Wikidata
Causa da morteenfisema pulmonar Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaChurch of Saint Michael (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaMisuri
St. Louis
Ash Street (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónUnitarismo e anglocatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de París
Milton Academy (pt) Traducir
Harvard College
Merton College
Universidade Harvard
Eliot House (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónempregado de banca (1917–1925), letrista, guionista, escritor de literatura infantil, escritor, gañador do Premio Nobel, profesor universitario, crítico social, poeta, escritor de contos, ensaísta, crítico literario, dramaturgo Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1915 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorUniversidade de Chicago
Birkbeck College Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía, crítica literaria, ensaio e drama Editar o valor en Wikidata
MovementoLiteratura modernista Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeValerie Eliot (1957–1965)
Vivienne Haigh-Wood Eliot (1915–1947) Editar o valor en Wikidata
PaisHenry Ware Eliot Editar o valor en Wikidata  e Charlotte Champe Stearns Eliot Editar o valor en Wikidata
IrmánsHenry Ware Eliot
Ada Eliot Sheffield
Marian Cushing Eliot
Margaret Dawes Eliot
Theodora Sterling Eliot
Charlotte Eliot Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteBiblioteca dixital BEIC
Grande Enciclopedia Soviética (1926 - 1947)
Poets of Reality (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0253672 TV.com: people/t-s-eliot IBDB: 8808
BNE: XX837336 Bitraga: 844 Dialnet: 158575 Apple Music: 206217952 Musicbrainz: ae90c453-e8ed-4fb7-9d27-35b81fd0fdac Discogs: 515778 WikiTree: Eliot-187 Find a Grave: 1631 Editar o valor en Wikidata

Thomas Stearns Eliot, nado o 26 de setembro de 1888 e finado o 4 de xaneiro de 1965, foi un poeta, dramaturgo e crítico literario norteamericano. As súas obras considéranse parte do canon literario do século XX. Recibiu o premio Nobel de Literatura en 1948.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en St. Louis, Missouri, Estados Unidos. O seu pai, Henry Ware Eliot, dedicábase ós negocios e á banca. A súa nai, Charlotte Champe Stearns, tiña afeccións literarias, chegando a publicar algún libro.

Estudou na Smith Academy de St. Louis desde 1898 ata 1905. Pronto destacou en tódalas materias, desde o latín á física. En 1906 ingresou na Universidade Harvard, onde estudou grego, literatura inglesa, alemán, historia medieval e historia da arte.

Publicou poesía na revista da universidade. Interesouse polos poetas simbolistas franceses (Rimbaud, Verlaine, Tristan Corbière, Jules Laforgue etc.). Baixo este influxo, marchou a París en 1909, onde asistiu ás clases de Henri Bergson e Alain Fournier. Estudou tamén en profundidade a Dante e a John Donne, poeta metafísico inglés. Viaxou a Múnic e Italia. En 1911 volveu a Harvard e doutorouse en filosofía cunha tese sobre o Knowledge and Experience de F. H. Bradley. Tamén lle interesou a filosofía e a filoloxía hinduísta e o budismo.

En Harvard foi profesor axudante de filosofía. Coñeceu a Bertrand Russell, quen acudiu como visitante a esa universidade e chegou a consideralo o seu mellor alumno. Marchou cunha bolsa de estudos á Universidade de Marburg (Alemaña) pero, ante o inicio da guerra, fuxiu do país, trasladándose a Londres, onde coñeceu a Ezra Pound, que o introduciu no ambiente literario inglés. Neses anos coñeceu tamén a Virginia Woolf e o seu home, e ao novelista James Joyce, ao que admira. En 1927 adoptou a nacionalidade británica e converteuse ao anglicanismo.

  • 1917: Prufrock and Other Observations
  • 1920: Poems
  • 1922: A terra baldía (The Waste Land)
  • 1925: The Hollow Men
  • 1927-1954: Ariel poems, onde inclúese poema "The Journey of the Magi"
  • 1930: Ash Wednesday
  • 1931: Coriolan
  • 1939: Old Possum's Book of Practical Cats
  • 1939: "The Marching Song of the Pollicle Dogs" e "Billy M'Caw: The Remarkable Parrot", na obra común The Queen's Book of the Red Cross
  • 1945: Four Quartets; tradución de Martín Veiga (Kalandraka, 2023)[1]
  • 1926: Sweeney Agonistes, representada o 1934
  • 1934: The Rock
  • 1935: Murder in the Cathedral
  • 1939: The Family Reunion
  • 1949: The Cocktail Party
  • 1954: The Confidential Clerk
  • 1959: The Elder Statesman, representada o 1958

Non-ficción

[editar | editar a fonte]
  • 1920: The Sacred Wood: Essays on Poetry and Criticism
  • 1920: The Second-Order Mind
  • 1920: Tradition and the individual talent
  • 1924: Homage to John Dryden
  • 1928: Shakespeare and the Stoicism of Seneca
  • 1928: For Lancelot Andrewes
  • 1929: Dante
  • 1917-1932: Selected Essays
  • 1933: The Use of Poetry and the Use of Criticism
  • 1934: After Strange Gods (1934)
  • 1934: Elizabethan Essays
  • 1936: Essays Ancient and Modern
  • 1940: The Idea of a Christian Society
  • 1948: Notes Towards the Definition of Culture
  • 1951: Poetry and Drama
  • 1954: The Three Voices of Poetry
  • 1957: On Poetry and Poets
  1. ↑ "Catro cuartetos". kalandraka.com (en castelán). Consultado o 2024-08-27.