Saltar ao contido

House Un-American Activities Committee

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 House Un-American Activities Committee
 Instancia de
 Parte de
Características
Implicados
 Presidente/a
Martin Dies Jr. (pt) Traducir 1938 1944
Harold H. Velde 1953 1955
Francis E. Walter (pt) Traducir 1955 1963
Edwin E. Willis 1963 1969
John Stephens Wood 1949 1953
John Stephens Wood 1945 1947
J. Parnell Thomas (pt) Traducir 1947 1949
Edward J. Hart 1945 1945
Richard Howard Ichord Jr. (pt) Traducir 1969 1975 Editar o valor en Wikidata
Datas
 Fundación / creación
1934 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
1975 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 País
Códigos e identificadores
VIAF155935902 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000085258473 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01myjy Editar o valor en Wikidata
Wikidata

O House Committee on Un-American Activities (HUAC), en galego Comité da Cámara sobre Actividades Antiamericanas, foi un comité de investigación do Congreso dos Estados Unidos de América. Creouse en 1938 para descubrir cidadáns estadounidenses con ligazóns co Nazismo, pero foi máis coñecido polo seu labor de investigación de supostas deslealtades de actividades subversivas por parte de cidadáns privados. As investigacións anticomunistas do comité adoitan ser confundidas coas do senador Joseph McCarthy.

Precursores

[editar | editar a fonte]
  • O Comité Overman (1918-1919) creouse para investigar sentimentos proxermánicos na industria licoreira, pero tras finalizar a primeira guerra mundial tamén investigou actividades bolxeviques.
  • O Comité Fish investigou persoas e organizacións sospeitosas de levar a cabo actividades comunistas no país.
  • O Comité McCormack-Dickstein (1934-1937) investigou propaganda nazi.
  • O Comité Dies (1938-1944) creouse para investigar actividades subversivas por parte de cidadáns privados, empregados públicos e organizacións sospeitosas de ter ligazóns comunistas ou fascistas.[1][2]

Comité permanente

[editar | editar a fonte]

O House Committee on Un-American Activities converteuse en comité permanente en 1945, presidido polo congresista Edward J. Hart, de Nova Jersey.[3]

En 1947 o comité estivo nove días escoitando sospeitosos de propaganda comunista dentro da industria do cinema de Hollywood. Finalmente, tras negarse a responder a certas cuestións os chamados "Hollywood Ten" foron incluídos nunha lista negra pola industria. Máis de trescentos artistas, especialmente guionistas, foron boicoteados polos estudios. Algúns, como Charles Chaplin ou Orson Welles abandonaron os Estados Unidos para conseguir traballo. Algúns xefes dos estudios informaron ao comité que filmes rodados durante a guerra como Mission to Moscow e The North Star podían ser considerados propaganda prosoviética, pero eran valiosos no contexto do apoio aos aliados e foron feitos, como Mission to Moscow, por petición da Casa Branca. Como resposta ás investigacións do comité moitos estudios produciron filmes de propaganda anti-soviética, como The Red Danube, I Married a Communist ou I Was a Communist for the FBI. O único estudio grande que non o fixo foi Universal-International Pictures.

O prestixio do comité comezou a minguar a finais da década de 1950. En 1959 o expresidente Harry S. Truman definiuno como "a cousa máis non americana do país na actualidade."[4] Segundo avanzaba a década seguinte converteuse no obxectivo de moitas sátiras políticas e dunha nova xeración de activistas políticos.

Nun intento de reconverterse, en 1969 cambiou o seu nome polo de "House Committee on Internal Security", pero finalmente foi abolido en 1975.[5]

  1. Finkelman, Paul (10 de outubro de 2006). CRC Press, ed. Encyclopedia of American Civil Liberties. p. 780. ISBN 978-0-415-94342-0. Consultado o 25 de maio de 2011.
  2. National Park Service (ed.). "House Un-American Activities Committee". Eleanor Roosevelt National Historic Site. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2010. Consultado o 25 de maio de 2011.
  3. Goodman, Walter (1968). Farrar, Straus and Giroux, ed. The Committee. Nova York.
  4. Whitfield, Stephen J. (1996). The Johns Hopkins University Press, ed. The Culture of the Cold War.
  5. Frum, David (2000). Basic Books, ed. How We Got Here: The '70s. Nova York. ISBN 0-465-04195-7.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]