Premio Pulitzer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os Premios Pulitzer son unha serie de 21 galardóns que abranguen as modalidades de teatro, literatura, música e xornalismo, e que se entregan cada ano arredor do mes de abril nos Estados Unidos, sendo a máxima distinción á tarefa profesional co que se poede galardoar ós profesionais da prensa naquel país.

Historia[editar | editar a fonte]

Medallas de ouro gañadas polo Servizo Público

No seu testamento, redactado en 1904, Joseph Pulitzer chama á creación deste premio co obxectivo de estimular a excelencia. El menciona nese momento soamente trece premios, dos que catro eran para o xornalismo, catro para o dominio da literatura e o teatro, un para a educación. Sensible ós cambios da súa época, Pulitzer constituíu unha comisión de vixilancia consultativa e deulle o poder de substituír certos temas, sempre que a comisión xulgue que iso será en beneficio do público. Deulle igualmente o dereito de non outorgar o premio se ningunha obra corresponde ós criterios de excelencia do xurado.

Conforme a vóntade de Pulitzer, é o presidente da Universidade de Columbia quen anuncia e outorga os premios segundo recomendación do xurado. Pero en realidade, a comisión actualmente é independente e decide soa a atribución dos premios.

Os premios concedéronse por primeira vez o día 4 de xuño de 1917. Desde aquela foron ininterrompidamente outorgados pola Universidade de Columbia en colaboración co Patronato do Premio Pulitzer (Pulitzer Prize Board). Desde hai anos outórganse durante o mes de abril. O premio á mellor fotografía de prensa concedeuse por primeira vez no ano 1942, e opremio á mellor composición musical no ano 1943. Entre os anos 1970 e 1979 creáronse os premios de ensaio, crítica e ficción literaria.

Só as reportaxes e fotografías de diarios (ou noticieiros diarios) con sé central nos Estados Unidos poden ser propostos coma candidatos ós premios na categoría de xornalismo.

O premio vai acompañado dun cheque de 10.000 dólares (USD), agás o Premio ó Servizo Público - o máis importante - ó que se lle outorga a medalla de ouro.

Categorías[editar | editar a fonte]

Joseph Pulitzer

Estas son as categorías da edición do 2005:

  • Servizo Público - Por un exemplo distinguido de diario cun meritorio e destacado servizo público a través do uso dos seus recursos xornalísticos, que poden incluír editoriais, tiras cómicas, e fotografías, así comz tamén os artigos e reportaxes.
  • Reportaxe Divulgativo - Por un exemplo destacado de reportaxe ilustrativo sobre un tema complexo e significado, demostrando dominio da temática, escritura lúcida e clara presentación.
  • Editorial - Por un editorial destacado, con excelentes textos e sonoridade, estilo claro, propósitos morais, e poder de influencia na opinión pública.
  • Reportaxe de Impacto -Por un exemplo destacado de reportaxe de impacto caracterizado por un seguimento detallado e mantido sobre unha actividade ou tema concreto.
  • Artículo de Fondo - Por un exemplo distinguido de artigo de fondo dando consideración prioritaria á elevada calidade literaria e á orixinalidade.
  • Reportaxes de Noticias de Última Hora - Para un exemplo destacado de reportaje de ámbito local sobre noticias de última hora.
  • Fotografías de Noticias de Última Hora - Por un exemplo destacado de fotografías en branco e negro ou cor sobre noticias de última hora, que poden consistir nunha ou varías fotografías, unha secuencia ou un álbum.
  • Periodismo Nacional - Por un exemplo destacado de reportaxe sobre asuntos internos dos Estados Unidos.
  • Xornalismo Internacional - Por un exemplo distinguido de reportaxe sobre asuntos internacionais, incluíndo a correspondencia coa Organización das Naciones Unidas (ONU).
  • Periodismo de Investigación - Por un exemplo destacado de reportaxe de investigación individual ou dun equipo de traballo, presentado coma un artigo illado ou coma unha serie de artigs.
  • Fotografía de Reportaxe - Por un exemplo distinguido de fotografía en branco e negro ou cor, que pode consistir nunha fotografía ou fotografías, unha secuencia ou un álbum sobre unha temática de fondo.
  • Crónica - Por unha crónica destacada.
  • Crítica - Por unha crítica destacada.
  • Caricatura Editorial - Por unha distinguida caricatura ou tira cómica ou recopilatorio de tiras publicadas durante o ano, caracterizadas pola orixinalidade, eficacia editorial, calidade dos debuxos, e efectos pictóricos.

Existen tamén cinco categorías para as letras:

En humanística hai dous categorías máis que se engadiron recentemente:

Tamén houbo moitos Premios Pulitzer especiais. Ademais dos premios, catro destacados estudantes da Pulitzer Graduate School of Journalism, seleccionados polo profesorado, son premiados con bolsas de viaxe.

Os novos tempos[editar | editar a fonte]

A xunta que entrega todos os anos o Premio Pulitzer como distinción xornalística —en vista de que os diarios usan cada vez máis internet para divulgar, apoiar e destacar o seu traballo— outorgou a partir do 2006 un premio ós traballos publicados na internet.

A categoría de Servizo Público, considerada a de maior prestixio, xa aceptou material de internet desde 1999. Esta categoría continuará aceptando varios tipos de traballo por internet, coa inclusión de video, bases de datos e cronoloxías. A novidade radica en que as outras 13 categorías de xornalismo permitiron contido da rede por primeira vez. Os Premios Pulitzer de 2006 foron anunciados o 17 de abril.

Premios que xa non se outorgan[editar | editar a fonte]

Ó longo dos anos, algúns premios deixáronse de outorgar, ben porque se expandiron ou renomearon, ou ben porque quedaron obsoletos polos adiantos tecnolóxicos. Eran os premios de:

Lista de premiados[editar | editar a fonte]

Novela[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

Música[editar | editar a fonte]

Cómic[editar | editar a fonte]

O Pulitzer e a cultura popular[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]