Electrodinámica cuántica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Diagrama de Feynman amosando a forza electromagnética entre dous electróns por medio do intercambio dun fotón virtual.

A electrodinámica cuántica é a relativista teoría cuántica de campos da electrodinámica. En esencia, describe como interactúan a luz e a materia, e é a primeira teoría onde se acada o acordo completo entre a mecánica cuántica e a relatividade especial. Matematicamente, a electrodinámica cuántica describe tódolos fenómenos relacionados coas partículas electricamente cargadas que interactúan por medio do intercambio de fotóns e representa a contraparte cuántica da electrodinámica clásica, o cal lle dá unha volta completa ás teorías de interacción da luz e da materia.

En termos técnicos, a electrodinámica cuántica pode ser descrita como teoría da perturbación do baleiro cuántico electromagnético. Richard Feynman chamouna "a xoia da física" pola súa extremadamente exacta predicción de cantidades como o intre magnético anómalo do electrón e o desprazamento de Lamb dos niveis enerxéticos do hidróxeno.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Feynman, Richard (1985). QED: The Strange Theory of Light and Matter. Princeton University Press. ISBN 978-0-691-12575-6. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]