Vishnu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vishnu cos seus atributos
Vishnu cos seus atributos

Vishnu[1] ouVisnú,[2] en sánskrito Viṣṇu - tamén denominado Hari, é un deus hindú, asociado á conservación e á protección. É o segundo deus da trimurti (tres formas, ás veces traducido inexactamente como trindade hindú), con Brahma e Shiva. É unha divindade de vida-morte-resurrección.

Características[editar | editar a fonte]

Vishnu explícalle a Arjuna os seus doce avatares.

A trimurti representa o ciclo vital :

  • Brahma é o creador ;
  • Vishnú é o protector ;
  • Shiva é o destrutor.

Vishnu é representado a miúdo sentado ou repousando sobre un loto. A súa esposa é Lakshmi, a deusa da riqueza e da boa fortuna, a súa montura Garuda, a aguia. Vishnu, con axuda dos rishis, negociou a tregua entre Vritra e Indra. A Terra, Bhūmi ou Bhû Devi, é tamén, ás veces, considerada como súa esposa. Vishnu salvouna, de feito, das augas so a forma do seu avatar Varâha. Os seus lazos matrimoniais ligan o deus coa realeza, a Terra (Bhūmi) e a fortuna (Lakshmi), sendo os dous principios unidos ao rei. En efecto, un dos termos para designar o rei en sánscrito é bhūpati, que pode significar "amo" ou "esposo" da Terra, sendo o termo pati ambivalente. A mitra, da que está toucado, confirma esta función real e demostra que no hinduísmo posvédico, mesmo se Indra posúe sempre o título de rei dos deuses, é Vishnu de feito quen opera con esa función. Esta preeminencia está, por outra banda, confirmada por numerosos mitos, nos que Vishnu ou un dos seus avatares humilla a Indra. Como especialmente acontece no episodio de Krishna levantando o monte Govardhana.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para trimurti.
  2. «Visnú». Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 2188. ISBN 9788482893600.