A Universidade de Berna é unha universidade que se atopa na capital de Suíza, Berna, fundada en 1834. Por estar localizada na rexión de lingua alemá do país, o seu nome oficial é Universität Bern, aínda que sexa frecuentemente designada polo seu nome francés, Université de Berne.
A clasificación mundial de universidades de 2006 do Times Higher Education Supplement (THES), suplemento de educación do xornalinglésThe Times, clasifica a Universidade de Berna como:
7ª en Suíza
214ª no mundo
Na Clasificación Académica das Universidades do Mundo (ARWU) de 2006, a Universidade de Berna foi, de acordo co sistema de clasificación:
A Facultade Filosófico-Histórica é semellante a un departamento de Artes e Ciencias das universidades norteamericanas, con diplomas (Hauptfächer) nunha gran variedade de asuntos. A Facultade Filosófica-Científica restrínxese a ciencias como a Química e a Física. A Facultade Filosófica-Humanística foi fundada en 2005, e ofrece estudos nos campos da Pedagoxía, Educación Física e Psicoloxía. O departamento de Teoloxía Católica Antiga, na Facultade de Teoloxía, é o único lugar no mundo en estudar a teoloxía nesta denominación.