Deepa Mehta
Deepa Mehta | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1 de xaneiro de 1950 |
Lugar de nacemento | Amritsar |
Nacionalidade | India e Canadá |
Etnia | Pobo indio |
Alma máter | Universidade de Delhi e Lady Shri Ram College for Women |
Ocupación | directora de cine, guionista e produtora |
Cónxuxe | Paul Saltzman e David Hamilton |
Fillos | Devyani Saltzman |
Irmáns | Dilip Mehta |
Coñecida por | Triloxía dos elementos |
Premios | Oficial da Ordem do Canadá, Order of Ontario, Governor General's Performing Arts Award, Canada's Walk of Fame, honorary doctorate from the University of Alberta e honorary doctorate of Concordia University |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Deepa Mehta, nada en Amritsar o 15 de setembro de 1950, é unha directora de cine e guionista india-canadense. É coñecida pola súa "Triloxía dos elementos", composta polos filmes Fire (1996), Earth (1998) e Water (2005).
Earth foi escollido como o candidato da India para os Premios Oscar de 1999 na categoría mellor filme en lingua non inglesa, e Water foi o candidato do Canadá en 2006 e o seu primeiro filme en recibir un nomeamento nos Premios.
Cofundou Hamilton-Mehta Productions co seu marido, o produtor David Hamilton, en 1996. Recibiu un Premio Genie en 2003 polo seu guión de Bollywood/Hollywood. En maio de 2012, Mehta recibiu o premio "Governor General" polo seus éxito artísticos, a meirande honra ás artes no Canadá.[1]
Filmografía[editar | editar a fonte]
Ano | Filme | Notas |
---|---|---|
1991 | Sam & Me | |
1994 | Camilla | |
1996 | Fire | |
1998 | Earth | |
2002 | Bollywood/Hollywood | |
2003 | The Republic of Love | |
2005 | Water | |
2008 | The Forgotten Woman | documental - guionista [2] |
2008 | Heaven on Earth | |
2012 | Midnight's Children | baseado na novela de Salman Rushdie |
2014 | Exclusion | |
2015 | Beeba Boys | [3] |
2016 | Anatomy of Violence |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Governor General's Performing Arts Awards Foundation (ed.). "Deepa Mehta biography". Consultado o 12 de febreiro de 2015.
- ↑ Nathan Lee (7 de agosto de 2008). "Stigmatized by Society". New York Times. Consultado o 11 de febreiro de 2014.
- ↑ http://www.rediff.com/movies/report/randeep-hooda-plays-gangster-in-deepa-mehtas-next/20140822.htm
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Deepa Mehta na IMDb (en inglés).