José Adrio Barreiro
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1910 Pontevedra, España |
| Morte | 12 de novembro de 1936 Pontevedra, España |
| Causa da morte | pena de morte, execución por arma de fogo |
| Lugar de sepultura | Cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra |
| 19 de marzo de 1936 – 26 de marzo de 1936 ← Luis Fontaíña Serrapio – Maximiliano Pérez Prego → | |
| 1933 – | |
| Actividade | |
| Ocupación | avogado, político |
| Familia | |
| Irmáns | Gonzalo Adrio |
José Adrio Barreiro, nado en Pontevedra en 1910 e finado na mesma cidade o 12 de novembro de 1936, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]
Fillo de José Adrio Mañá e irmán de Francisco (veterinario) e Gonzalo Adrio Barreiro (avogado). Foi Gobernador Civil de Ourense en 1933. Nas eleccións de novembro de 1933 integrou a candidatura do Partido Republicano Radical Socialista con Celestino Poza Cobas e Benito Méndez Rodríguez.[1] Participou como representante radicalsocialista e das esquerdas afins no mitin contra o fascismo e a lei de amnistía do Cine Coliseum de Pontevedra en abril de 1934, xunto con Delmiro Sarmiento, Desiderio Comesaña Prado, Ramón Suárez Picallo e Manuel García Filgueira.[2] Logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi nomeado membro da xestora da Deputación de Pontevedra e elixido presidente o 19 de marzo.[3] Cesou o 26 de marzo. En abril de 1936 foi elixido compromisario na candidatura da Fronte Popular por Pontevedra para a elección do presidente da República.[4] Dirixente de Unión Republicana, co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido, xulgado e condenado á pena de morte. Foi fusilado o 12 de novembro de 1936.[5]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Estaba casado con Aurora Poza Pastrana, filla de Celestino Poza Cobas e irmá dos médicos Celestino e Luis Poza Pastrana (tamén asasinado).
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Placa en Pontevedra en memoria dos fusilados o 12 de novembro de 1936.
-
Lápida no Cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 16-11-1933, p. 10.
- ↑ El Pueblo Gallego, 24-4-1934, p. 14.
- ↑ El Pueblo Gallego, 20-3-1936, p, 12.
- ↑ La Vanguardia, ed. (28 de abril de 1936). "Las elecciones de compromisarios en provincias". Barcelona: 30. Consultado o 9 de abril de 2011.
- ↑ El Pueblo Gallego, 13-11-1936, p. 6.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Lamela García, V. Luís (1992). Inmolados gallegos: Alexandro Bóveda, Víctor Casas, Telmo Bernárdez, Adrio Barreiro… (en castelán). Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-655-6.
| Predecesor: Luis Fontaíña Serrapio |
Presidente da Deputación de Pontevedra 1936 |
Sucesor: Maximiliano Pérez Prego |