Hospital Montecelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hospital Montecelo
Edificio de entrada ao Hospital Montecelo
Edificio
Nome inicialResidencia Sanitaria da Seguridade Social Montecelo
EnderezoMourente s/n
Localizacióncódigo postal 36071, Pontevedra
Coordenadas42°25′43″N 8°36′53″O / 42.428687, -8.614704Coordenadas: 42°25′43″N 8°36′53″O / 42.428687, -8.614704
Uso(s)Hospitalario
Construción
Construción1972
Remate1973
Remodelación1990
2001
Dimensións
Superficie79.500 m²
Plantas8
Equipo
Arquitecto(s)Julián Arranz Ayuso, Aurelio Botella Clarella, Joaquín Vaamonde Pradas, Antonio Alonso Taboada (ampliación 1987-1990)
Aidhos Arquitectura (ampliación 1997-2001)
Outros603 camas
editar datos en Wikidata ]

O Hospital Montecelo é un centro hospitalario público da cidade de Pontevedra. Está situado na parroquia de Mourente,[1] e foi inaugurado en 1973. É un hospital xeral, ofrece todos ou case todas as especialidades médicas e cirúrxicas. Forma parte do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.

Historia e descrición[editar | editar a fonte]

O edificio principal construíuse en 1972[2] e inaugurouse o 25 de novembro de 1973 cunha superficie de 20.000 metros cadrados.[3] Abriu ao público como Residencia Sanitaria da Seguridade Social de Montecelo.[1] O seu mentor foi o pontevedrés Gonzalo Cabanillas Gallas, que era subdelegado xeral do Instituto Nacional de Previsión.[4]

O hospital inaugurouno de forma oficial o entón ministro de Traballo e Previsión Social, Licinio de la Fuente, o 8 de maio de 1974. Traballaban nel 200 médicos e acolleu algúns que viñan de hospitais universitarios como La Paz de Madrid ou La Fe de Valencia.[4] Implantáronse especialidades que ata entón non existían no Hospital Provincial de Pontevedra, como fisioloxía clínica ou rehabilitación, e permitiu a disgregación de medicina interna das especialidades de dixestivo, cardioloxía ou radioloxía.[4]

Foi reformado e ampliado polos arquitectos Julián Arranz Ayuso, Aurelio Botella Clarella, Joaquín Vaamonde Pradas e Antonio Alonso Taboada entre 1987 e 1990.

Vista da cidade, da Ría de Pontevedra e da Illa de Tambo desde a 4ª planta do hospital.

O Hospital Montecelo tivo a súa maior ampliación entre 1997 e 2001, realizada polo estudio de arquitectos Aidhos Arquitectura, na que se construíu un novo edificio anexo[5] e se engadiron dúas plantas ao edificio principal inaugurado en 1973.[6]

Desde 2012, cando o complexo hospitalario pontevedrés se converteu no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, os estudantes de Medicina da Facultade de Santiago de Compostela poden realizar os últimos anos da aprendizaxe clínica da carreira no hospital.

O edificio principal ten 8 plantas.

Transporte[editar | editar a fonte]

O Hospital Montecelo está servido pola liña 2 (azul) do servizo de transporte de bus urbano da cidade.[7]

Novo hospital Gran Montecelo[editar | editar a fonte]

A Xunta de Galicia puxo en marcha en 2020 a construción dun novo hospital para a cidade de Pontevedra e a súa área sanitaria de 300.000 habitantes[8][9] con máis especialidades que o actual Hospital Montecelo, incluíndo radioterapia, medicina nuclear e coidados intensivos neonatais e pediátricos, e cunha capacidade de 724 camas. O novo hospital de referencia de 10 plantas que se engadirá aos edificios hospitalarios xa existentes chamarase Gran Montecelo.[10][11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 ""Montecelo siempre fue un referente para España"". Diario de Pontevedra (en castelán). 18 de novembro de 2016. 
  2. "Alberto Jorge Camacho: "Una de las carencias del actual Montecelo es que el edificio está colapsado de actividad"". Diario de Pontevedra (en castelán). 24 de xuño de 2018. 
  3. "El hospital Montecelo celebra su cuarenta aniversario". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de novembro de 2013. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "«Cuando abrió, Montecelo era un hospital de mucha categoría»". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de xullo de 2012. 
  5. "Montecelo tendrá en dos años un 40% de habitaciones individuales". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de xullo de 2000. 
  6. "El Sergas iniciará en verano la obra que dotará de baño completo a todas las habitaciones de Montecelo". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de maio de 2001. 
  7. "Las nuevas líneas de bus urbano en Pontevedra operarán de 7.15 a 22.30 horas de lunes a domingo". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de setembro de 2021. 
  8. "El área sanitaria integrada suma 300.000 vecinos de 27 concellos". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de outubro de 2011. 
  9. "El área sanitaria Pontevedra-Salnes es la mejor de Galicia en listas de espera para operaciones quirúrgicas". Cadena Ser (en castelán). 17 de xaneiro de 2020. 
  10. "El nuevo concurso del Gran Montecelo priorizará a quienes rebajen los plazos". Diario de Pontevedra (en castelán). 4 de novembro de 2020. 
  11. "La Xunta autoriza la segunda licitación del Gran Montecelo por 130 millones". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de novembro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]