Conservatorio profesional de música Manuel Quiroga
Conservatorio Profesional de Música "Manuel Quiroga" | |
---|---|
Datos xerais | |
Localización | Pontevedra, Galiza |
Datos actuais | |
Datos de contacto | |
Enderezo | Avenida de Virxinia Pereira Renda, 4 36004 |
Páxina web | www.conservatoriomanuelquiroga.com |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga é un centro público de ensinanza musical da cidade de Pontevedra, de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galiza, que oferta ensinanzas dos graos elemental e profesional de música. Foi fundado en 1863 e recibe o nome actual en honor ao violinista pontevedrés Manuel Quiroga Losada.
Historia
[editar | editar a fonte]O Conservatorio de Pontevedra foi fundado en 1863, o que o converte nun dos conservatorios máis antigos que funcionan en Galiza. Dende 1992 está integrado na rede pública de conservatorios da Xunta de Galiza, impartindo os graos elemental e profesional dos plans de estudos regulados no RD 268/1966 ata a súa extinción, e o regulado no 253/1993 en vixencia e os estipulados na LOE/07 do 27 de setembro. En 2004 o Conservatorio abandonou a súa localización na céntrica rúa de Afonso XIII para trasladarse á avenida de Xoán Carlos I, no barrio da Parda da capital pontevedresa, o que supuxo o incremento da súa oferta educativa e o aumento do alumnado, aumentando en consecuencia o número de profesores e especialidades, engadindo tamén música antiga.
Especialidades
[editar | editar a fonte]O centro ten unha oferta educativa que inclúe as especialidades de canto, piano, acordeón, especialidades orquestrais de vento madeira, vento metal, instrumentos familia do violín, percusión, corda pulsada, e instrumentos de música antiga e barroca como a frauta de bico, a viola da gamba ou o clave.
Instalacións
[editar | editar a fonte]O edificio actual comprende un total de aproximadamente 3.200 m² distribuídos en catro andares, ós que se suma aparcadoiro para 26 prazas e xardíns. O centro conta coas seguintes instalacións:[1],[2]
- 27 aulas de ensino instrumental.
- 9 aulas de ensino non instrumental.
- 2 aulas de música de cámara.
- 1 aula polivalente.
- 1 aula de informática aplicada á música.
- 24 cabinas de estudio.
- 3 despachos.
- 1 sala de secretaría.
- 1 conserxería.
- 3 despachos destinados a usos varios (departamentos etc).
- Sala de profesores.
- Auditorio con máis de 200 localidades.
- Biblioteca-fonoteca.
- Cafetería.
- Aseos, cuartos de limpeza.
- Almacén xeral e cuartos de instalacións (no soto).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El nuevo conservatorio estará disponible a finales del 2002". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de novembro de 2001.
- ↑ "El Concello cede a la Xunta la parcela del nuevo Conservatorio de Música". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de xullo de 2002.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Conservatorio profesional de música Manuel Quiroga |