Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia
Coordenadas: 42°25′55″N 08°38′56″O / 42.43194, -8.64889
Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia | |
---|---|
![]() Vista do centro | |
Universidade: | Dependente da Xunta de Galicia, en trámites a adscrición á Universidade de Vigo |
Localización: | Pontevedra |
Campus: | Pontevedra |
Enderezo: | Rúa do Xeneral Martitegui, s/n |
Ano de fundación: | 1991 |
Decano: | Carmen Lorenzo Rivera (directora) |
Docentes: | |
Estudantes: | |
Teléfono: | +34 886 159 735 |
E-mail: | escola.conservacion.galicia@edu.xunta.es |
Páxina web: | http://www.escolaconservacion.gal |
A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia (ESCRBBCCG) é un centro educativo dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Ten a súa sede en Pontevedra, no antigo Cuartel de San Fernando, o mesmo edificio que a Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo.
Imparte estudos superiores en Conservación e restauración dende 1991. Na actualidade pódese cursar nesta escola o Título Superior en Conservación e Restauración de Bens Culturais (equivalente a grao universitario, a tódolos efectos). O título ten unha duración de catro anos, sendo os dous primeiros anos comúns e os dous últimos anos de especialidade. As tres especialidades que se imparten neste centro son conservación-restauración de bens escultóricos, conservación-restauración de bens pictóricos e conservación-restauración de bens arqueolóxicos.