Mourente, Pontevedra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°26′18″N 08°36′48″O / 42.43833, -8.61333

Mourente
Mourente.jpg
Igrexa parroquial.
Concello Pontevedra
Área 6,99 km²
Poboación 2107 hab. (2008)
Densidade 301,43 hab./km²
Entidades de poboación 20

Santa María de Mourente é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra. Segundo o INE no 2008 tiña 2107 habitantes (1086 mulleres e 1021 homes), distribuídos en 27 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2157 habitantes.

Historia[editar | editar a fonte]

Mourente constituíu concello de seu entre 1841 e 1867, abranguendo as freguesías de Bora, Marcón e Tomeza. O núcleo urbano de Monte Porreiro viviu un espectacular crecemento demográfico desde mediados do século XX.

Na parroquia encóntrase un centro adscrito á Universidade Nacional de Educación a Distancia, así como a Cidade Infantil Príncipe Felipe e o hospital de Montecelo, que forma parte do Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Carballo de santa Margarida.

Ademais da igrexa parroquial, do século XVIII , hai tres capelas na parroquia. A capela de san Mamede (de estilo románico, dos séculos X e XI) situada en Moldes, foi trasladada no século XX para o interior do cemiterio municipal de San Amaro tras ser adquirida polo concello. É de estilo románico, con planta dunha soa nave e ábsida rectangular dividida en dous corpos, reforzados por contrafortes e bóveda de canón apuntada. A capela de Santa Margarida, de estilo románico, acolle no seu adro un carballo centenario de sona que está incluído no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galicia. A capela de San Amaro está a carón do camposanto municipal do mesmo nome.

Festas[editar | editar a fonte]

O 15 de agosto celébrase a festa patronal. Tamén se conmemora o día da Virxe do Carme (domingo anterior ao 16 de xullo) e santa Margarida (primeiro domingo de agosto). En marzo celébrase a festa gastronómica do caldo galego.

Trivia[editar | editar a fonte]

O grupo musical coñecido coma Projecto Mourente, toma o nome desta parroquia.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Mourente[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Mourente no concello de Pontevedra

Areás | A Bouza | Os Campos | Carabelos | Casas Novas | Condesa | Cons | Eirós | Freixeiro | A Laxe | Moldes | Monte Porreiro | O Monte | Mourente | O Outeiro | O Pazo | A Raxeira | San Amaro | Santa Margarida | Vilaverde

Parroquias de Pontevedra[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Pontevedra

Alba (Santa María) | Bora (Santa Mariña) | O Burgo (Santiago Peregrino) | Campañó (San Pedro) | Campolongo (San Xosé) | A Canicouva (Santo Estevo) | Cerponzóns (San Vicente) | Lérez (San Salvador) | Lourizán (Santo André) | Marcón (San Miguel) | Mourente (Santa María) | Ponte Sampaio (Santa María) | Pontevedra | Salcedo (San Martiño) | Santa María de Xeve (Santa María) | Tomeza (San Pedro) | Verducido (San Martiño) | A Virxe do Camiño de Pontevedra | Xeve (Santo André)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]