Saltar ao contido

Aula Castelao de Filosofía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aula Castelao de Filosofía
Logo
Tipoasociación cultural
Data de fundación1982
Nomeado en referencia aAlfonso Daniel Rodríguez Castelao
SedePontevedra
PaísGalicia
Na rede
http://aulacastelao.gal/
Facebook: Aula-Castelao-de-Filosofía Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Aula Castelao de Filosofía é unha asociación constituída a través dunha acta o 26 de setembro de 1983 en Pontevedra con tres obxectivos principais: renovación, galeguización e participación.

Obxectivos

[editar | editar a fonte]

Os membros fundadores da Aula eran principalmente ensinantes que sentían a necesidade dunha renovación no ensino na súa forma didáctica, temática e metodolóxica. Esta «anovación» no eido educativo tratará polo tanto nos contidos específicos de cada materia (eidos temáticos), a loita por un mellor modo de achegarnos os outros e de achegar o noso traballo (eido didáctico) e a loita por unha teoría que sistematice e xustifique contidos e presente un material que as técnicas didácticas poidan tratar de comunicar e elaborar (eido metodolóxico). Así como a necesidade de plasmar o eixo deste nunha realidade histórica, conflitiva e contextual, e non aquela ofrecida polos programas que era sobre todo de carácter metafísico, neutral e abstractos, unha educación non politizada e polo tanto alienada dunha realidade que esixe intervención e implicación.

Este traballo non é excluínte e redutible ó ensino senón que funciona como algo aberto para todo o mundo e aplicable na súa vida e traballo. A incorporación de persoas que sintan crítica e autocríticamente coma unha especie de busca, loita e superación. Esta «anovación» implicábase ca galeguización, sobre todo no eido filosófico mais tamén extensible a outros campos do saber , tratará de conciliar a “particularidade” ca “universalidade” A filosofía, e o saber en xeral, ten que xurdir dunha “praxe” e tratar de crear unha “teoría” que sirva para continuar o traballo, acción que, a súa vez, pode, e debe, axudar á modificación da teoría para que sirva para novas aportacións e direccións. Só tendo en conta a realidade concreta e o momento en que se produce a mesma se poderá avanzar e camiñar cara unha “universalidade”, sempre limitada, onde todos sexamos, vivamos e entendámolo “ser”. O propio logos da realidade galega e non a universalización e homoxeneización da realidade occidental.

Por ilo é preciso esta liberación, mediante unha nova construción filosófica para o que era preciso ter coñecemento do noso “ser histórico” (cas súas propias tradicións, mitos, narracións, historias, ritos...). Así mesmo, sacar a filosofía da academia e impregnala e confrontala coa realidade social da que falamos.

Producións

[editar | editar a fonte]

A Aula Castelao levou a cabo unha numerosa cantidade de conferencias e ciclos , tamén tomou parte en diversos congresos, xornadas pedagóxicas, foros... así como a creación dunha páxina web na que está rexistrada unha considerable suma de documentos,gravacións en casete e filmada, traballos inéditos, dosieres de prensa, ficas bibliográficas, correspondencia etc. Tamén na súa función divulgativa cabe destacar e enumerar as publicacións, consistentes en xornais, seminarios, revistas, radio, televisión, portais... Membros da asociación realizaron unha serie de edicións (colectivas e individuais) de investigacións sobre pensadores galegos e estranxeiros como : Celso Emilio Ferreiro, Bouza Brey, Xoán Vicente Viqueira, Amor Ruibal, Indalecio Armesto, Ricardo Mella, J.P.Sartre, Erich Fromm, Garaudy...

Ensaios editados

[editar | editar a fonte]

Semanas galegas de filosofía

[editar | editar a fonte]

A Aula Castelao organiza dende 1984 a Semana Galega de Filosofía. Grupos de amigos filósofos e profesores do Ensino Medio foron aqueles que emprenderon este proxecto e que hoxe en día proporciona un espazo e foro crítico e aberto a totalidade de niveis do ensino e outros sectores sociais que teñan por meta o exercicio de autocrítica da razón. Figuras destacables como por exemplo: Celia Amorós, Manuel Rivas, Xosé Luís Méndez Ferrín, Ramón Regueira... As Semanas Galegas de Filosofía son o intento de levar esta renovación á práctica mediante tres obxectivos: a interculturalidade, a interdisciplinaridade (diversos saberes, aspectos, conflitos, tradicións...) e finalmente a vitalidade ou materialidade (se cede a palabra a persoas con imaxinacións, desexos e frustracións concretas).

Presidentes

[editar | editar a fonte]

Os seus presidentes e presidentas ao longo da súa constitución:

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]