Praza da Pedreira
Coordenadas: 42°26′00″N 8°38′36″O / 42.433416666667, -8.6434166666667
Praza da Pedreira Praza de Mugartegui | |
---|---|
Pazos na praza da Pedreira | |
Tipoloxía | praza |
Dimensións | |
Lonxitude | 12 m |
Largura | 44 m |
Área | 750 m2 |
Localización | |
Localidade | Pontevedra |
Código postal | 36002 |
Construción | |
Comezo | século XV |
A Praza da Pedreira ou Praza de Mugartegui é unha praza de orixe medieval situada na parte norte do casco antigo de Pontevedra.
Orixe do nome
[editar | editar a fonte]A praza toma o seu nome do traballo dos canteiros que tallaron a pedra das casas da cidade neste lugar.[1][2]
Historia
[editar | editar a fonte]Na antigüidade, esta zona chamábase Vicus do Verrón. A praza da Pedreira ten as súas orixes na Idade Media. Era unha explanada sobre terreos cultivados, principalmente viñedos, e coñecíase como Eirado da Herba, xa que era o lugar do mercado da herba.[3][4]
O nome actual da praza deriva do seu uso posterior, que lembra o lugar onde os canteiros traballaban a pedra para os edificios da cidade, como o próximo Colexio da Compañía de Xesús, a Igrexa de San Bartolomeu ou o Pazo de Mugartegui, para os que se acumulaba gran cantidade de pedra na praza.[5] Esta era a zona da cidade habitada polos canteiros.[6]
En 1479, Tristán de Montenegro, capitán das tropas de Pontevedra na sucesión ao trono de Castela, morreu no pazo de Mariño de Lobeira, que dá á praza, ferido de morte por unha espingarda. Durante anos, unha luz permaneceu acendida na habitación onde morreu para lembrar a súa gloriosa morte.[7][8]
En xaneiro de 1886, a praza pasou a chamarse Praza de Mugartegui. A Corporación Municipal de Pontevedra acordou cambiar o nome da Praza da Pedreira polo de Praza de Mugartegui en honra a Francisco Javier Mugartegui, propietario do pazo de Mugartegui, avogado, empresario e político pontevedrés, polo seu interese na prosperidade de Pontevedra.[3]
O 25 de abril de 1996 o nome tradicional praza da Pedreira substituíu o nome de praza de Mugartegui.
Descrición
[editar | editar a fonte]A praza está situada na parte norte do centro histórico de Pontevedra e a súa configuración sufriu algunhas variacións ao longo do tempo. Ten unha forma trapezoidal irregular, lixeiramente curvada no lado sur, onde hai un gran muro de pedra. Este muro pertenceu á Casa da Misericordia, propiedade da familia Bermúdez de Castro.[3]
A praza é un espazo empedrado case pechado, con só dous sinxelos bancos de pedra xunto ao gran muro de pedra no lado sur e outro no lado oeste xunto ao pazo de Mariño de Lobeira. Pódese acceder á praza desde a rúa César Boente, pasando por baixo do arco deste pazo, ou desde as rúas Pedreira, Padre Isla ou Gregorio Fernández.
Edificios destacados
[editar | editar a fonte]Os edificios que rodean a praza datan de diferentes épocas, desde os primeiros tempos modernos ata os séculos XVIII e XIX.
A parte central ao lado norte da praza está presidida polo Pazo de Mugartegui, que orixinalmente era o pazo dos Condes de Fefiñáns. Este pazo barroco terminouse de construír en 1771 e o seu grande escudo de pedra colocouse en 1773. O pazo ten sete arcos na súa fachada, sostidos por columnas toscanas. Na parte superior do escudo de pedra hai un reloxo de sol.[9]
No lado oeste da praza atópase o Pazo de Mariño de Lobeira, un edificio gótico do século XVI, con algunhas modificacións posteriores.[10] Foi construído polos señores de Serra de Outes, Lobeira, Montenegro e Soutomaior.[11] Consta de planta baixa e primeiro piso e ten unha característica pasaxe na planta baixa con dous arcos apuntados que dan acceso á praza.[12] Ao longo da súa historia, o pazo tivo diversos usos, entre eles o de casa de hóspedes.
No lado este da praza hai unha casa do século XVIII cunha planta baixa e outra superior e unha escaleira exterior con patín (unha terraza pequena onde remata a escaleira exterior) para acceder a ela.[13]
Galería
[editar | editar a fonte]-
A praza á noite
-
Pazo de Mariño de Lobeira
-
Debuxo de Enrique Campo Sobrino (1908)
-
Arco apuntado para o acceso á praza
-
Pasaxe de acceso á praza
-
Soportais na praza
-
Muro que rodea a praza e casa con patín ao fondo
-
Escudo de armas do pazo de Mugartegui.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Pontevedra en siete plazas y un mercado". El País (en castelán). 3 de decembro de 2021.
- ↑ Aganzo, Carlos, 2010, Pontevedra. Ciudades con encanto, Madrid, El País-Aguilar, p. 62.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "El Pazo de Mugartegui". Diario de Pontevedra (en castelán). 30 de xullo de 2017.
- ↑ Nieto, Remigio, 1980, Guía Monumental ilustrada de Pontevedra, Pontevedra, Asociación de Comerciantes de la calle Manuel Quiroga, p. 34.
- ↑ Fontoira Surís, Rafael, 2009, Pontevedra Monumental, Pontevedra, Diputación de Pontevedra, p. 303.
- ↑ "Guía útil para saber qué ver en Pontevedra". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de setembro de 2018.
- ↑ "La Casa de la Sierra y los Mariño de Lobeira". Pontevedra Viva (en castelán). 14 de abril de 2017.
- ↑ "Una luz en Mugartegui para el defensor de Pontevedra". Faro (en castelán). 24 de decembro de 2015.
- ↑ "Un pleito contra un escudo opulento". Faro (en castelán). 26 de decembro de 2012.
- ↑ "Tres años de vallas". Faro (en castelán). 18 de maio de 2014.
- ↑ "Las máquinas llegan al Pazo Mariño de Lobeira". Diario de Pontevedra. 25 de febreiro de 2016.
- ↑ "El Arco y la Praza da Pedreira. Memorando Civitatem Duo Pontes". Pontevedra Viva (en castelán). 18 de decembro de 2021.
- ↑ Fontoira Surís, Rafael, 2009, Pontevedra Monumental, Pontevedra, Diputación de Pontevedra, p. 301.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Praza da Pedreira |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Aganzo, Carlos (2010). Pontevedra. Ciudades con encanto (en castelán). Madrid: El País-Aguilar. p. 62. ISBN 8403509340.
- Fontoira Surís, Rafael (2009). Pontevedra monumental. Pontevedra: Deputación de Pontevedra. p. 303. ISBN 8484573273.
- Nieto González, Remigio (1980). Guía monumental ilustrada de Pontevedra (en castelán). Pontevedra: Asociación de Comerciantes de la Calle Manuel Quiroga, Pontevedra. p. 34
- Riveiro Tobío, Elvira (2008). Descubrir Pontevedra (en castelán). Pontevedra: Edicións do Cumio. p. 39 ISBN 8482890859.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- [1] na web Turismo de Galicia
- [2] na web Turismo Rias Baixas
- [3] na web Visit-Pontevedra