Fernando Sarabia
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1781 valor descoñecido |
| Morte | 15 de setembro de 1849 Pontevedra |
| Lugar de sepultura | Cemiterio de San Amaro de Pontevedra |
| Actividade | |
| Ocupación | político, militar |

Fernando Sarabia Zuazo, nado en 1781 e finado en Pontevedra o 15 de setembro de 1849, foi un militar e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Coronel de Artillaría. Foi alcalde de Pontevedra, deputado a Cortes en representación do Reino de Galicia en 1822 e deputado provincial. Casou con Luisa Pardo Osorio e foi pai de Isabel Sarabia Pardo, que casou con Joaquín Baeza Nieto.