A Eiriña, Pontevedra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fonte da Eiriña, a carón da rúa de Joaquín Costa.

A Eiriña é un barrio residencial da cidade de Pontevedra, situado ao leste do centro urbano. Sitúase ao norte do Gorgullón, ao noroeste da Parda, ao oeste dos Salgueiriños e ao sur do barrio da Seca. Na actualidade forma parte do núcleo urbano, pero no nomenclátor oficial de 1940 pertencía á parroquia de Mourente.

O barrio deu nome ao equipo de fútbol Eiriña CF, que en 1941, trala fusión co Alfonso CF, deu lugar ao Pontevedra CF.

En 1907 creouse no barrio o Hospital Provincial de Pontevedra, pertencente ao CHOP. Tamén está situado neste barrio o Colexio Calasancio e as oficinas de Telefónica na cidade.

Está atravesada pola liña ferroviaria do Eixe Atlántico A Coruña-Vigo, e en 2012 estanse a acometer obras para adaptar dita liña ao Tren de Alta Velocidade.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]