Edificio Gran Garaje
Gran Garaje | ||||
---|---|---|---|---|
Pontevedra ![]() | ||||
![]() Fachada principal do Gran Garaje na rúa Benito Corbal | ||||
Tipo | edificio ![]() | |||
Estilo | Modernista | |||
Persoas e organizacións | ||||
Arquitecto/a | Maximiano Limeses Artime ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 1915 ![]() | |||
Remodelación | 2017 | |||
Localización | ||||
| ||||
Situado en | Pontevedra ![]() | |||
Localización | Pontevedra | |||
Código postal | 36001 ![]() | |||
Enderezo | Rúa Benito Corbal, 8 | |||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
O Gran Garaje é un edificio modernista de 1915, situado no centro da cidade de Pontevedra.
Localización
[editar | editar a fonte]O edificio está situado na rúa Benito Corbal, no centro peonil e comercial da cidade, preto da praza da Ferrería de Pontevedra.
Historia
[editar | editar a fonte]O edificio foi construído en 1915 na antiga rúa Progreso, segundo un proxecto do arquitecto Maximiliano Limeses Artime. Construíuse nun soar onde había unhas antigas cocheiras,[1] para que servise de parada aos coches de cabalos.[2]
Na década de 1960, co auxe do automóbil na cidade, renovouse a súa fachada, construíuse a nova cuberta e o edificio pasou a chamarse Gran Garaje, servindo como aparcadoiro de pagamento con capacidade para 75 vehículos (de aí o seu nome).[3][4] Na década de 1970 as zonas a cada lado da entrada principal do edificio utilizáronse como dúas pequenas tendas, unha de recordos e outra de xoguetes. Na década de 1980, anos de grande especulación inmobiliaria na cidade, salvouse da demolición para a construción dun edificio de varias plantas ao fracasar a súa venda, deixando á vista as medianeiras dos grandes edificios que o rodean.[5]
En 2014 o aparcadoiro e mais as dúas pequenas tendas da entrada pecharon definitivamente. Tras unha renovación completa da fachada e o interior, o edificio inaugurouse o 5 de maio de 2017 como tenda de moda da cadea de roupa Mango.[6]
Descrición
[editar | editar a fonte]O edificio ten unha fachada modernista e un interior amplo, espazoso e diáfano, debido á función orixinal para a que foi deseñado.[7] Ten unha superficie de 900 metros cadrados.[8]
Trátase dun edificio dunha soa planta cunha planta baixa. A fachada branca ten unha gran porta cadrada de madeira encaixada no centro e dúas portas alongadas de arco rebaixado a cada lado.[9][10] O tellado, catalogado e protexido como elemento patrimonial, está formado por unha lanterna, unha celosía e un tellado a dúas augas que data de 1965.[11][12]
A decoración modernista con motivos florais céntrase sobre as catro portas laterais. O friso superior está abundantemente decorado e a parte central da fachada, sobre a gran porta de entrada, está coroada por un frontón circular enmarcado entre dúas pequenas columnas, baixo o cal se atopa a inscrición en relevo Gran Garaje.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Fachada
-
Entrada
-
Tenda de Mango
-
Sección central
-
Portas laterais esquerdas
-
Portas laterais dereitas
-
O edificio en 2014 antes da súa reforma
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La «milla de oro» recupera al Gran Garaje como superficie comercial". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de maio de 2017.
- ↑ "Uno de los últimos vestigios de la época dorada del modernismo en la ciudad". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de febreiro de 2016.
- ↑ "El adiós del garaje que vio pasar los primeros coches de Pontevedra". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de marzo de 2022.
- ↑ "Arranca la rehabilitación del antiguo edificio del Gran Garaje". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de outubro de 2016.
- ↑ "Uno de los últimos vestigios de la época dorada del modernismo en la ciudad". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de febreiro de 2016.
- ↑ "El Gran Garaje comienza una nueva etapa como establecimiento comercial de una cadena de moda". Pontevedra Viva (en castelán). 6 de maio de 2017.
- ↑ "El Gran Garaje comienza una nueva etapa como establecimiento comercial de una cadena de moda". Pontevedra Viva (en castelán). 6 de maio de 2017.
- ↑ "Patrimonio pone condiciones a la tienda de Mango en el Gran Garaje". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de novembro de 2014.
- ↑ "Uno de los últimos vestigios de la época dorada del modernismo en la ciudad". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de febreiro de 2016.
- ↑ "Patrimonio pone condiciones a la tienda de Mango en el Gran Garaje". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de novembro de 2014.
- ↑ "Patrimonio desbloquea el proyecto comercial en el antiguo Gran Garaje". Diario de Pontevedra (en castelán). 7 de febreiro de 2016.
- ↑ "Mango desbloquea en el Concello su gran proyecto comercial en Benito Corbal". Diario de Pontevedra (en castelán). 8 de xullo de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Edificio Gran Garaje ![]() |