Mollavao, San Xosé, Pontevedra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Mollavao, Pontevedra»)
Mollavao

Rúa Rosalía de Castro en Mollavao
ParroquiaSan Xosé
ConcelloPontevedra
Coordenadas42°25′27″N 8°39′14″O / 42.424166666667, -8.6538888888889Coordenadas: 42°25′27″N 8°39′14″O / 42.424166666667, -8.6538888888889
Poboación(2022)
editar datos en Wikidata ]

Mollavao é un barrio da cidade de Pontevedra na súa zona suroeste, a carón da ría de Pontevedra. Administrativamente é un lugar da parroquia de San Xosé.[1] Ten unha función sobre todo residencial, mais o IGE,[2] en 2022 non recolle datos de poboación.

Localización[editar | editar a fonte]

O barrio de Mollavao está situado ao suroeste da cidade de Pontevedra. Limita ao noroeste coa Avenida de Marín e o Paseo marítimo de Pontevedra, ao norte coa rúa Manuel del Palacio, ao oeste coa rúa Estrigueiras e a AP-9 e ao sur coa rúa Mollavao. O barrio está dividido no seu centro lonxitudinalmente pola rúa Rosalía de Castro e a súa continuación cara a Marín, a estrada PO-546.

Historia[editar | editar a fonte]

Estrada PO-546 ao seu paso por Mollavao
Publicidade de Jabón San Justo, Mollabao (sic).

A antiga enseada areosa na que se atopa Mollavao foi o xerme do actual barrio. O nome de Mollavao ten a súa orixe en molle (peirao) e vao (lugar de paso). Mollavao naceu como espazo portuario para o Imperio Romano, servindo de anteporto a Pontevedra. A primeira mención coñecida, como Mollia Vada, é dun documento de 1220[3]. En 1595 Mollavao xa era descrito nun plano conservado no Arquivo Xeral de Simancas como un lugar notable da ría de Pontevedra.[4]

Na primeira metade do século XVIII construíuse en Mollavao a Capela dos Santos en estilo barroco. Mandouna construír en 1737 Juan de Marzoa para dedicala a san Francisco (cuxa estatua pétrea estaba nun nicho na fachada) e concluíuse en 1741. Era un templo barroco de inspiración portuguesa, rodeado por columnas coroadas con estatuas de santos (Santiago, san Xosé, san Xoán, san Pedro, san Miguel, san Antonio, san Martiño, san Lopo, a Virxe María e o Anxo da Garda). A mediados do século XIX quedou abandonada e os seus elementos arquitectónicos e estatuas trasladáronse a outros lugares, entre eles os cemiterios de Salcedo e Santo Amaro e a capela de san Brais.[5][6]

A mediados do século XIX melloráronse as conexións xerais da cidade con outras poboacións e entre 1847 e 1851 construíuse a rúa da Oliva e a actual rúa Rosalía de Castro cuxa prolongación como estrada comunicaba a cidade con Marín a través de Mollavao.[7]

Praza de Mollavao

A fábrica Fabril Gallega de Jabones instalouse no barrio de Mollavao en 1938, no actual número 126 da rúa Rosalía de Castro. O edificio foi deseñado polo arquitecto municipal Emilio Quiroga Losada e mantivo a súa actividade ata 1944, ano no que faleceu o seu propietario. Producía desde produtos de lavandería ata xabóns de baño e toucador. Entre os máis afamados estaban os xabóns de sales San Justo.[8][9][10]

En 1944 expropiáronse terreos no barrio para a construción de vivendas para oficiais da Armada destinados na Escola Naval Militar.[11] En Mollavao a ambos os dous lados da rúa Rosalía de Castro edificáronse chalés para tal fin rodeados de zonas verdes e xardíns.

O 19 de maio de 1947 aprobouse o proxecto para a construción dunha estrada á beira da ría entre Pontevedra e o barrio de Praceres na parroquia de Lourizán. As obras desta vía que empezaron en 1949 e concluíron en 1955 terminaron por modificar tamén a enseada de Mollavao colmatándoa por completo cos recheos.[12] En 1969 terminouse de acondicionar esa vía con catro carrís de circulación e procedeuse á súa inauguración como autovía o 8 de agosto de 1969.[13][14]

En 1948 empezáronse a instalar os primeiros inquilinos das vivendas sociais constituídas por pequenas casas coloridas ao redor da plazoleta de Benito Vicetto.[15]

En 1953 levouse a cabo a construción no barrio do colexio privado Juan Sebastián Elcano (pertencente ao Ministerio de Defensa) situado na rúa Rosalía de Castro, contiguo ás vivendas dos militares da Armada e que empezou a funcionar en 1954.[16]

O 26 de setembro de 1985 inaugurouse no barrio de Mollavao o edificio do centro médico policlínico Casa do Mar, cun total de 89 especialistas médicos.[17]

O 21 de decembro de 1989 empezouse a construír a ponte da Autoestrada AP-9, a Ponte da Ría, e o trazado da autoestrada polo sur e oeste da cidade, que cruzou en viaduto o barrio de Mollavao e cuxas obras se inauguraron o 25 de marzo de 1992. Este trazado alterou totalmente a fisionomía do barrio.[18]

Está previsto construír no futuro unha ampla rúa que comunique a rúa Rosalía de Castro coa Avenida de Marín no antigo soar dos circos para mellorar a mobilidade no barrio.[19][20]

Urbanismo[editar | editar a fonte]

O barrio é unha zona residencial de media e baixa densidade con algúns establecementos comerciais. Articúlase ao redor da rúa central Rosalía de Castro e da estrada PO-546 que une Pontevedra e Marín e pasa próxima ao Pazo de Lourizán, situado a 2,5 quilómetros do barrio. No seu lado suroeste limita coa ría de Pontevedra e o paseo marítimo de Pontevedra, que conta cun miradoiro cara á ría.[21]

Mollavao atópase delimitado na súa zona máis próxima ao centro da cidade na rúa Rosalía de Castro polas vivendas construídas a mediados do século XX para os militares oficiais da Armada[22] e por edificios de varias alturas e nos arredores da estrada PO-546 pola presenza de casas diseminadas.

O barrio dispón dun parque infantil situado debaixo do viaduto da autoestrada AP-9[23] así como un circuíto de educación viaria.[24] Tamén está localizado en Mollavao o parque infantil de Fonte Santa.[25]

Instalacións[editar | editar a fonte]

Centros sanitarios[editar | editar a fonte]

No barrio a principal instalación sanitaria é o Centro de Saúde Policlínico Casa do Mar, dependente do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e centro médico de referencia para moitos pontevedreses.[17]

Centros escolares[editar | editar a fonte]

En Mollavao atópase o colexio privado Juan Sebastián Elcano, pertencente ao Ministerio de Defensa.[16]

Deportes e lecer[editar | editar a fonte]

  • Baixo a ponte da autoestrada AP-9 localízase o Parque de educación viaria do concello de Pontevedra.[24]
  • Ata outubro de 2022 estivo localizada no barrio a asociación cultural e sala de concertos Liceo Mutante.[26]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nomenclátor de Galicia. Busca directa (ed.). "Lugares da parroquia de San Xosé, Pontevedra". Consultado o 18 de maio de 2023. 
  2. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023. 
  3. Padre Sarmiento (1973). José Luis Pensado, ed. Catálogo de voces y frases de la lengua gallega. Salamanca: Universidad de Salamanca. p. 279. 
  4. "Declaración desta planta de Ponte Bedra en la qual por las letras del A.B.C. se señala todas las cosas notables". Ministerio de Cultura y Deporte (en castelán). 28 de xaneiro de 2023. 
  5. "Perder la historia... para después olvidarla". Faro (en castelán). 15 de xullo de 2012. 
  6. "Una ciudad de historia y leyendas". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de decembro de 2013. 
  7. Durán Villa 2000, p. 90
  8. "Ugarte, de la fábrica de jabón de Mollavao al balneario de Vilariño". Faro (en castelán). 3 de xullo de 2022. 
  9. "Jabones: pasado (y futuro) de Pontevedra". Faro (en castelán). 23 de agosto de 2015. 
  10. "Talento maragato para promover la industria local". Faro (en castelán). 23 de agosto de 2015. 
  11. "Defensa conserva la propiedad de sus inmuebles sin uso en Mollabao al rechazar el Supremo la reversión". Faro (en castelán). 18 de xuño de 2017. 
  12. "Pontevedra y Marín, unidos por una pista a lo largo de la ría". ABC (xornal) (en castelán). 10 de agosto de 1955. 
  13. "A Avenida de Marín". Pontevedra Viva. 15 de marzo de 2018. 
  14. "La autovía a Marín que tardó 20 años en llegar". Faro (en castelán). 28 de agosto de 2016. 
  15. "Benito Vicetto, la plazoleta colorida donde cada vecino cuida un trozo de jardín". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de novembro de 2016. 
  16. 16,0 16,1 "En nombre de Juan Sebastián Elcano". Diario de Pontevedra (en castelán). 9 de xuño de 2021. 
  17. 17,0 17,1 "Inauguración de la Casa do Mar de Mollavao". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de setembro de 2018. 
  18. "25 años desde que cambió la vista de la ría". Faro (en castelán). 2 de marzo de 2017. 
  19. "Avanzan los trámites del futuro vial entre Rosalía de Castro y la avenida de Marín por Mollavao". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de xullo de 2020. 
  20. "Medio Ambiente da luz verde al vial entre Rosalía de Castro y la avenida de Marín". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de outubro de 2020. 
  21. "El paseo marítimo queda inaugurado". Diario de Pontevedra (en castelán). 25 de marzo de 2011. 
  22. "La ciudad crece en Campolongo y Mollavao". Diario de Pontevedra (en castelán). 10 de febreiro de 2022. 
  23. "Mollavao tendrá un parque urbano en el 2020". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de decembro de 2019. 
  24. 24,0 24,1 "Los niños aprenderán seguridad vial con karts en Mollabao". Pontevedra Viva (en castelán). 23 de setembro de 2015. 
  25. "El parque de Mollavao estrena nueva imagen". Diario de Pontevedra (en castelán). 17 de febreiro de 2023. 
  26. "'Chao Mollabao', la fiesta que Liceo Mutante organiza para despedirse del barrio". Pontevedra Viva (en castelán). 16 de outubro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Durán Villa, Francisco (2000). Provincia de Pontevedra (en castelán). Madrid: Mediterráneo. p. 90. ISBN 8471563371. 
  • Sarmiento, Martín (1973). Catálogo de voces y frases de la lengua gallega (en castelán). Salamanca: Universidad de Salamanca. p. 279. ISBN 84-600-5838-7. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]