Celestino López de Castro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Celestino López de Castro
Celestino López de Castro 1914.jpg
Nacemento1860
Lugar de nacementoPontevedra
Falecemento30 de novembro de 1934
Lugar de falecementoPontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmédico
editar datos en Wikidata ]

Celestino López de Castro, nado en Pontevedra en 1860 e finado na mesma cidade o 30 de novembro de 1934,[1] foi un médico galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en 1886.[2] Médico en Pontevedra, foi concelleiro. Fundou o Sanatorio Santa Teresa, primeiro sanatorio médico cirúrxico de Galicia, foi director do Hospital Provincial de Pontevedra e médico titular e forense do concello.[3] Colaborou en La Revista Popular e foi propietario do periódico Faro de Pontevedra (1911-1914).

Obras[editar | editar a fonte]

  • El servicio médico en los Caminos de Hierro. Breve reseña de los mejores medios para su organización, 1897.
  • Peste bubónica. Influencia social y lucha por combatirla, 1915

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Cruz de Beneficencia de primeira clase en 1919 polos seus servizos durante a epidemia de gripe de 1918.
  • A Sociedad Recreo de Artesanos promoveu a adquisición por subscrición popular dunha lápida para colocar na súa tumba no cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra, obra do escultor José María Acuña.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El País, 30-11-1934, p. 2.
  2. Crónica de Pontevedra, 23-6-1886, p. 3.
  3. El País, 1-12-1934, p. 1.
  4. El Pueblo Gallego, 12-7-1935, p. 11.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]