Saltar ao contido

O Fiel contraste

O Fiel contraste
Pontevedra Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Imaxe
 Instancia de
Características
 Material / ingrediente
 Xénero artístico
Implicados
 Creador/a
Datas
 Fundación / creación
30 de abril de 2010 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Altura
   1,93 m Editar o valor en Wikidata
 Masa
   300 Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   14 m Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Enderezo
Rúa Alhóndiga Editar o valor en Wikidata
 Coordenadas
Códigos e identificadores
Código postal36002 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Fiel contraste é un grupo escultórico creado polo escultor Ramón Conde, situado en Pontevedra. Atópase na rúa da Alhóndiga, detrás da Casa Consistorial de Pontevedra, e foi inaugurado o 30 de abril de 2010.[1]

O grupo escultórico está situado no lugar onde na Idade Media atopábase a Alfándega ou mercado municipal de cereais. A estatua central lembra ao funcionario medieval (contratado polo concello) que, á entrada das murallas de Pontevedra, xunto á Torre da Bastida, contrastaba fielmente coa súa balanza os pesos e medidas das mercadorías que se ían vender na cidade.[2]

Ata o século XVI, a Alfándega estaba situada onde hoxe atópase a casa do Concello de Pontevedra. Á entrada da Alfándega, o Fiel Contraste encargábase de comprobar os pesos e medidas de todas as mercadorías que chegaban alí para ser vendidas.[3] Da comprobación do peso do pan ou dos cereais ou das medidas do viño dependían os impostos do mercado. A desaparición desta profesión produciuse coa unificación de pesos e medidas que levou a cabo a administración borbónica, coa aparición do sistema métrico decimal e, finalmente, coa inauguración da actual Casa do concello en 1880.

O auxe comercial e pesqueiro de Pontevedra impulsara a celebración de mercados na cidade, destacando a Feira Franca concedida a Pontevedra en 1467 polo rei Henrique IV de Castela, cando a cidade era o principal porto de Galicia.[4]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O grupo escultórico consta de cinco pezas. A peza central de bronce é o Fiel Contraste, que representa a un home hercúleo (característico da obra de Ramón Conde) e intemporal, co brazo esquerdo estendido sostendo unha balanza na man. A estatua mide 1,93 metros de altura e pesa 300 kg.[5] Os seus marcados trazos denotan poder e autoridade no exercicio da súa función de resolver conflitos sobre o peso exacto dos produtos nas feiras e mercados da cidade.

Ao redor desta estatua central hai catro pezas bidimensionais de aceiro corten en forma de siluetas ou sombras que representan personaxes populares dun mercado urbano medieval, como os vendedores coas súas cestas diante ou os mercadores dun día calquera nun mercado urbano.[6]

O grupo escultórico está valorado en 100.000 euros.[7]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]