Facultade de Belas Artes de Pontevedra
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Coordenadas: 42°25′55″N 08°38′56″O / 42.43194, -8.64889
Facultade de Belas Artes de Pontevedra | |
---|---|
![]() Vista xeral da facultade | |
Universidade: | Universidade de Vigo |
Localización: | Pontevedra |
Campus: | Campus Crea (Campus de Pontevedra) |
Enderezo: | Rúa da Maestranza 2 |
Ano de fundación: | 1994 |
Decano: | Silvia García González |
Docentes: | Xosé Antón Castro
Juan Luis Moraza Fernando Casás Mónica Ortúzar Alberto Ruiz de Samaniego Manuel Sendón Lola Dopico |
Estudantes: | |
Teléfono: | 986801800 |
E-mail: | fbbaa@uvigo.es |
Páxina web: | belasartes.uvigo.es |
A facultade de Belas Artes de Pontevedra é un centro educativo da Universidade de Vigo situado no campus de Pontevedra.
Historia[editar | editar a fonte]
Foi creada en 1990. Nun primeiro momento había certa precariedade en canto a medios materiais e espazo. En 1994 trasladouse á sede actual, o edificio do antigo Cuartel de San Fernando, no centro da cidade, logo dun proxecto de adquisición e reforma do edificio: diversas consellerías da Xunta, a Universidade e o concello puxeron o diñeiro para a compra do edificio e a Deputación de Pontevedra financiou as obras de reforma. Segundo o alcalde da época, Javier Cobián, o proxecto total supuxo 2000 millóns de pesetas[1].
Desde os inicios, houbo unha grande interactuación entre o alumnado da facultade e a cidade de Pontevedra, coa realización de instalacións, performances e obras polas rúas da vila. Na actualidade[cando?] está previsto o seu traslado á beira do río Lérez, nos terreos da antiga fábrica de TAFISA.[Cómpre referencia]
Titulacións[editar | editar a fonte]
Está en pleno proceso de inmersión ao EEES, nado logo do proceso de Bologna.
Acolle unha titulación en proceso de extinción (licenciatura en Belas Artes), e o grao en Belas Artes, implantado no curso 2008-09. O centro acolle tamén o Mestrado Universitario en Libro Ilustrado e Animación Audiovisual, o Graduado superior en deseño téxtil e moda e o Mestrado en Arte Contemporánea.
No centro está a sede dos ESDEMGA (Estudos Superiores en deseño téxtil e moda de Galiza) e da ESCRBCG (Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia).
Instalacións[editar | editar a fonte]
Adóitanse celebrar exposicións e eventos na sala X, situada á entrada do edificio.
A Biblioteca de Belas Artes pertence ao conxunto da Biblioteca Universitaria de Vigo. Conta con 55 títulos de publicacións periódicas e 9.600 volumes.
Nos obradoiros multiusos, dotados de ferramenta de man e maquinaria específicas, lévanse a cabo os talleres de metal, madeira, cerámica, plástico e outros materiais. Outros laboratorios do centro son o de audiovisuais (con quince postos con equipamentos de edición dixital), informática (vinte equipos con equipamentos informáticos para edición de imaxe dixital, 3D, deseño de páxinas web e tratamento fotográfico dixital), técnicas gráficas (instalacións para gravado calcográfico) e fotografía.
Equipo decanal[editar | editar a fonte]
A actual decana é Silvia García González, sendo Susana Cendán Caaveiro a vicedecana de organización académica.
Notas
- ↑ Varela, María (2019-02-03). "Soy un pontevedrés que intentó hacer más cosas por su ciudad de las que le dejaron". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2021-08-30.