Saltar ao contido

Ponte da Ría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ponte da Ría
Pontevedra Editar o valor en Wikidata

Tipoponte de pernas delta e ponte de armazón ríxido Editar o valor en Wikidata
Parte deAutoestrada do Atlántico Editar o valor en Wikidata
Material usadoformigón armado e formigón pretensado Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundación25 de marzo de 1992 Editar o valor en Wikidata
Inauguración25 de marzo de 1992 Editar o valor en Wikidata
Transporte
Permite o paso deAutoestrada do Atlántico Editar o valor en Wikidata
Seguinte cruzamento cara arribaponte da Barca Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Anchura25 m Editar o valor en Wikidata
Lonxitude700 m Editar o valor en Wikidata
Acontecementos
21 de decembro de 1989 – 25 de marzo de 1992construción Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 42°25′36″N 8°39′17″O / 42.42656, -8.65472
Situado enPontevedra Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónPontevedra e Poio Editar o valor en Wikidata
Atravesaría de Pontevedra Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

A ponte da Ría é unha ponte para o tráfico rodado con piares en forma de V que cruza a ría de Pontevedra na cidade de Pontevedra. Forma parte da AP-9 e foi inaugurada en 1992.

Localización

[editar | editar a fonte]

A ponte está situada entre o barrio de Mollavao en Pontevedra e o lugar da Puntada (no municipio veciño de Poio).[1] Localízase na parte oeste da cidade que se abre cara ao mar, no estuario que forma a desembocadura do río Lérez na ría de Pontevedra.[2]

As obras da ponte da Ría empezaron o 21 de decembro de 1989 para o paso da autoestrada AP-9 e como parte da circunvalación oeste da cidade.[3][4]

Foi concibida polos enxeñeiros Leonardo Fernández Troyano, Javier Manterola Armisén e Amando López Padilla. A construción iniciouse no piar central (piar referencia da ponte) e recorreuse a un método de construción baseado en vigas en beiril con atirantamento provisional. Foi inaugurada o 25 de marzo de 1992.[5][6]

A construción e posta en servizo da ponte foi polémica polo impacto paisaxístico que supuxo e pola modificación notable das vistas desde a cidade cara ao mar. A súa denominación "Ponte da Ría" foille dada por Audasa, a concesionaria da autoestrada AP-9.[7][1]

Descrición

[editar | editar a fonte]

Trátase dunha ponte con dúas calzadas independentes, que ten unha lonxitude de 700 metros e está feita de formigón pretensado no taboleiro e de formigón armado nos piares e nos estribos.[1][8]

É unha ponte de autoestrada con dous piares xemelgos en forma de V como único apoio intermedio no seu tramo central, cuxa cimentación repousa no centro do leito da ría de Pontevedra. Está dividida en tres tramos diferentes. O tramo intermedio ten dous vans principais de 120 m de lonxitude cunha viga caixón de canto variable. Para a forma do taboleiro adoptouse unha solución en gaivota: ten canto máximo sobre o piar central diminuíndo cara ós piares laterais dos vans de 120 metros, chegando preto deles ao canto mínimo. Os vans laterais da ponte teñen 40 m de lonxitude cunha viga caixón de canto constante. Os tramos dos dous extremos da ponte forman os viadutos de acceso á mesma.[9] Os piares do tramo en viaduto ao lado sur pasan por riba dunha pequena parte do paseo marítimo de Pontevedra.

A ponte da Ría está libre de peaxe e actúa como circunvalación oeste entre o norte e o sur da cidade de Pontevedra, no tramo comprendido entre o barrio do Pino e o parque de Bombeiros. [7] Case 50.000 vehículos cruzan a diario a ponte.[5]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]