Saltar ao contido

O Garaxe Hermético

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Garaxe Hermético
Pontevedra Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Persoas e organizacións
 Presidente/a
Datas
 Fundación / creación
21 de abril de 2012 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Localización
 Código postal
36002 Editar o valor en Wikidata
 Enderezo
Rúa Álvaro Cunqueiro, 4
Calle Álvaro Cunqueiro, 4 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata

O Garaxe Hermético é a primeira Escola Profesional de banda deseñada e ilustración de Galicia, fundada por Kiko da Silva no 2012 e localizada na cidade de Pontevedra. Trátase dunha escola privada que ofrece unha titulación privada.

A escola nace coa iniciativa de formar de xeito profesional a novos autores de BD e ilustradores. As clases están impartidas por profesionais do sector en activo como Fernando Iglesias, Fran Bueno Capeáns, Miguel Porto e o propio Kiko da Silva. A parte das clases anuais, tamén se ofertan Clases Maxistrais doutros profesionais con carácter gratuíto para os alumnos matriculados. Miguelanxo Prado tamén imparte un Seminario de Banda Deseñada mensual todos os cursos.

No ano 2018, foi escollido para participar no "European Comic Schools Contest", un dos máis importantes concursos de ilustración e banda deseñada de Europa.[1]

  1. Redacción (24 de febreiro de 2018). "O Garaxe Hermético, escollido para participar nun concurso europeo xunto as mellores escolas de cómic". PontevedraViva.com. Consultado o 26 de febreiro de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]