Saltar ao contido

Capela do Nazareno de Pontevedra

(Redirección desde «Capela do Nazareno»)
Capela do Nazareno de Pontevedra
Pontevedra Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Estilo
Implicados
 Diocese
Datas
 Fundación / creación
século XIV Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Enderezo
Rúa Duque de Tetuán, 4 Editar o valor en Wikidata
 Coordenadas
Fontes e ligazóns
Patrimonio Galego: 70467
Wikidata C:Commons

A Capela do Nazareno é un edificio relixioso de culto católico, coa categoría de capela, situado no casco antigo da cidade de Pontevedra, na rúa Duque de Tetuán, en fronte do Teatro Principal.[1]

A capela ten as súas orixes no século XIV.[2] Crese que pertenceu á igrexa parroquial de San Bartolomeu o Vello, que estaba neste lugar, ocupando o espazo do actual Teatro Principal.[3] Outra teoría é que podería pertencer ao pazo dos Mendiño, xa que a torre medieval estaba situada xusto á beira. Na construción aínda hoxe nótanse os grandes perpiaños da vella torre. Do outro lado da capela abríase unha rúa, hoxe tapiada por unha casa con balcón.[4]

A capela existente nos seus inicios neste lugar no século XIV denominábase Capela das Emparedadas[5]. Era chamada así por recluírse nela algunhas devotas que tras a súa entrada selaban a porta con tapias salvo unha pequena rañura pola que se lle administraban os sacramentos e os alimentos. Esa rúa xa recibía segundo o profesor Xosé Filgueira Valverde a denominación de rúa das Emparedadas a mediados do século XIII.[6]

O culto a Xesús Nazareno conta con máis de 100 anos de historia na cidade de Pontevedra. Non se coñece exactamente o momento no que empezou, pero a principios do século XX a rúa Duque de Tetuán na que se localiza a capela chamábase rúa de Xesús Nazareno e a capela xa recibía entón miles de devotos.[7]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A capela, que se cre que foi a antiga sancristía do desaparecido templo de San Bartolomeu O Vello, xa foi citada varias veces a finais da Idade Media como unha pequena construción que tiña na súa fachada unha pequena imaxe en pedra da Virxe.[8]

É unha capela de pequenas dimensións e está encostada a outras construcións polas paredes testeiras. Os muros son de perpiaño de granito e a cuberta de madeira e tella galega. A porta de acceso, situada no lateral sur, é de arco rebaixado. Con posterioridade labráronse orelleiras inferiores e superiores para adaptala á moda barroca, pois a capela é de orixe medieval.[9] Á beira da porta hai unha troneira. A capela ten embutida na súa fachada unha pequena imaxe en pedra da Virxe.[10]

Conta cunha gran devoción e é moi visitada o día do Nazareno para pedirlle as tres grazas: saúde, traballo e amor.[11] O primeiro venres de marzo é o único día en que se abre esta capela. O resto do ano só pódese invocar ao Nazareno desde o exterior, a través da porta enreixada.[12]

No interior atópase un retablo barroco cego de tres partes, estando no centro a imaxe de Xesús Nazareno[13] e nas laterais dúas imaxes da Virxe do Neno. Tamén hai unha imaxe da Virxe das Dores. A imaxe do Nazareno a cuxo culto está dedicada procede de Madrid.[14]

Nos conventos de San Francisco e Santa Clara da cidade tamén se gardan imaxes do Nazareno que se veneran en Pontevedra.[15]

  1. "La capilla del Nazareno se llena de devotos para pedir las Tres Gracias". Diario de Pontevedra (en castelán). 6 de marzo de 2020.
  2. "Pontevedra, la ciudad que invita a caminar". El Diario (en castelán). 21 de agosto de 2021.
  3. "Los pontevedreses cumplen con la tradición de las Tres Gracias". Pontevedra Viva (en castelán). 1 de marzo de 2019.
  4. Fontoira Surís 2009, p. 288
  5. Aganzo 2010, p. 70
  6. "Oratorio de las monjas emparedadas de la calle Tetuán". Pontevedra Viva (en castelán). 25 de marzo de 2016.
  7. "Miles de devotos piden al Nazareno las Tres Gracias". Diario de Pontevedra (en castelán). 5 de marzo de 2016.
  8. "La Boa Vila cumple con la tradición de pedirle las Tres Gracias al Nazareno". Pontevedra Viva (en castelán). 6 de marzo de 2020. Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2022. Consultado o 10 de novembro de 2022.
  9. Fontoira Surís 2009, p. 288
  10. "Pontevedra, la ciudad que invita a caminar". El Diario (en castelán). 21 de agosto de 2021.
  11. "Largas colas para pedir las tres gracias al Nazareno". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de marzo de 2012.
  12. "Miles de personas acudieron a pedir al Nazareno una de las Tres Gracias". Pontevedra Viva (en castelán). 3 de marzo de 2017.
  13. "Los pontevedreses cumplen con la tradición de las Tres Gracias". Pontevedra Viva (en castelán). 1 de marzo de 2019.
  14. Fontoira Surís 2009, p. 288
  15. "A capela do Nazareno abre todo o día as súas portas para solicitar as tres grazas". La Voz de Galicia. 5 de marzo de 2010.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Aganzo, Carlos (2010). Pontevedra. Ciudades con encanto (en castelán). Madrid: El País-Aguilar. p. 70. ISBN 978-84-03-50934-4. 
  • Fontoira Surís, Rafael (2009). Pontevedra monumental. Pontevedra: Deputación de Pontevedra. p. 288. ISBN 978-84-8457-327-2. 
  • Riveiro Tobío, Elvira (2008). Descubrir Pontevedra (en castelán). Pontevedra: Edicións do Cumio. p. 28. ISBN 9788482890852. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]