Ría de Pontevedra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°22′04″N 8°46′58″O / 42.3678, -8.7829

Ría de Pontevedra
Localización administrativa
EstadoGaliza Galiza
DivisiónGaliza Galiza
SubdivisiónPontevedra
Localización xeográfica
Océano / MarOcéano Atlántico
ContinenteEuropa
Coordenadas42°23′05″N 8°45′00″O / 42.38472, -8.75000
Xeografía
Afluentesrío Lérez (60 km.)
Cidades ribeiregasSanxenxo, Bueu, Pontevedra, Poio, Portonovo e Combarro
Accidentes
PenínsulasPenínsula do Salnés
Características
Superficie145 km²
Mapa

Localización

A ría de Pontevedra é unha ría pontevedresa das Rías Baixas. É unha das máis amplas das rías Baixas e ten unha forma regular e dunha lonxitude de 20 km2.[1][2] Na súa boca están as illas Ons e no seu interior a illa de Tambo. O río Lérez chega ao mar por esta ría.[1]

A pesca e a explotación de bateas é o motor económico da costa da ría. O alto número de praias da ría sustenta un turismo importante na rexión.[3]

As illas Ons, que están na boca da ría, forman parte do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.[2]

Xeografía[editar | editar a fonte]

Situación[editar | editar a fonte]

Marín e a ría de Pontevedra.

Está entre a ría de Vigo e a ría de Arousa e limítana polo sur o Punta Couso na península do Morrazo e ao norte o Punta Miranda da comarca do Salnés.[2] A ría ten desde o exterior ao interior unha lonxitude de 20 km2.[1] A súa área é duns 145 km2 co que ten volume aproximado de 3450 hm3 de masas de auga.[1] A súa orientación, ao igual que súas dúas rías próximas, a de Vigo e Arousa, ten unha orientación NE-SW e é das rías máis formadas.[1]

As illas Ons péchana parcialmente so seu exterior polo sur polo que a boca da ría están partida en dúas amplas entradas: unha ao sur de 7 km e cunha profundidade de 60 m e outra ao norte de 3,7 km e unha profundidade de só 14 m. A enseada de Aldán[2] é unha pequena baía interior no exterior da súa entrada polo sur.[1]

Na cabeceira do interior da ría desemboca o río Lérez e forma un esteiro. O caudal medio de entrada na ría de auga do Lérez é de 432 hm³.

Clima[editar | editar a fonte]

O clima da rexión é oceánico atlántico e ten unha precipitación anual de 1500–1800 mm.[1] A media anual das temperaturas das súas augas son 14 °C, aínda que en agosto é duns 20 °C. Os ventos no interior da ría dominan desde o sur no inverno e desde o norte no verán.[1]

Hidrodinámica[editar | editar a fonte]

A entrada de auga doce do río Lérez, que aporta o 80% da entrada de augas na ría, ten un impacto reducido no fluxo de augas da ría. A entrada de auga doce na ría é de 45 Hm3 anuais e é é principalmente do inverno. Os principais movementos das augas prodúcense pola entrada e saída de augas oceánicas e pulsos de afloramento. Ao igual que as demais rías galegas, a circulación das súas augas depende da entrada de augas dos ríos, da entrada de masas de auga desde a plataforma continental oceánica, da irradiación solar e do réxime de ventos. A auga está estratificada parcialmente durante o inverno, xa que hai unha entrada de auga desde o río e por que a auga se mestura máis. A estratificación é completa no verán grazas polo aumento da temperatura de auga da superficie e polo afloramento, unha entrada de augas frías polo fondo da ría. Estas condicións, xunto coa salinidade, favorecen unha circulación das correntes de auga en sentido positivo.[1][4][5]

Poboación[editar | editar a fonte]

Pontevedra.

Nos municipios que rodean a ría habitan máis de 150.000 persoas. No verán a poboación ascende ás 200.000 persoas grazas ao turismo. O municipio máis poboado é a capital da provincia, Pontevedra, con máis de 83.000 habitantes, seguíndolle Marín con máis de 26.000 habitantes.


Economía[editar | editar a fonte]

Pesca[editar | editar a fonte]

Considerando as rías galegas, é a ría con maior concentración de portos e vilas adicadas ao sector pesqueiro. En particular o marisco supón un mercado gastronómico que xera emprego na costa da ría.

Turismo[editar | editar a fonte]

Vista aérea.

O turismo ten un peso significativo na economía do litoral costeiro da ría, e é unha das zonas con maior demanda turística de Galiza. Os concellos de Marín, coa súa Escola Naval Militar, Sanxenxo, Bueu, Pontevedra ou Poio, e localidades como Portonovo ou Combarro, cos seus típicos hórreos (canastros), son zonas con esa afluencia turística. A ría ten praias con demanda de visitantes como son a de Bueu, Aguete, Silgar, Mogor, Lourido ou Maxor. Os servizos recreativos que ofrecen portos como os de Sanxenxo van desde a vela á navegación. Desde a ría partiu unha das Volvo Ocean Race.

As illas Ons, do concello de Bueu, están dentro do Parque nacional das Illas Atlánticas, e son visitadas por lecer saíndo desde os portos de Sanxenxo, Marín e Bueu. Destacan as atalaias sobre a ría que hai no Grove ou o Cabo Home.

Conservación ambiental[editar | editar a fonte]

Os portos e a industria que se atopa no seu litoral, e tamén nas cabeceiras dos ríos que chegan á ría, teñen un impacto neste ecosistema. É unha das rías galegas con niveis de contaminación intermedios e que se dan principalmente nas proximidades dos portos ou da costa.[6]

O complexo industrial de Lourizán, Pontevedra, formando por ENCE e Elnosa, está no litoral da ría e adícase á produción de pasta de papel, derivados de biomasa forestal e compostos como cloro ou sosa cáustica;[7][8][9] o cal causa un impacto contaminante nesta.[10] A súa produción de pasta, de cloro e sosa supón unha vertedura dunha media de 96 mil m3/día de residuos á ría desde Lourizán[11][12]. Iso supón unha entrada alta de materia orgánica,[10] metais pesados, organoclorados, ligninas e algúns ácidos na auga.[13][14] As elevadas concentracións de Hg na auga proceden do procesos electroquímicos e de produción do complexo industrial e focalízanse nos sedimentos próximos á planta. A concentración de metais pesados na ría, como Cu, Hg, Pb e Zn e que aparecen ligados a materia orgánica,[12][15] están ligada ao uso portuario desta, como é en especial o caso de Marín.[6][15][16][17][18] O Hg deposítase no solo pero a súa resuspensión depende da mobilización dos residuos depositados.[19] Estes metais, diluídos na auga, entran na cadea trófica trala absorción por especies do fitoplancto ou por filtración nos bivalvos.[17]

A ría ten contaminación elevada por verteduras de materia orgánica froito do lixo da poboación urbana tanto no seu interior, ao final do río Lérez, como no porto de Marín.[17]

En 1987 formouse a Asociación Pola Defensa da Ría coa intención de reivindicar a limpeza e coidado dos bancos marisqueiros e a necesidade de recuperación da costa de Lourizán.[20][21][22]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 M. Ruiz-Villarreal, P. Montero, J.J. Taboada, R. Prego, P.C. Leitão, V. Pérez-Villar (2002). Estuarine, Coastal and Shelf Science, eds. "Hydrodynamic Model Study of the Ria de Pontevedra Under Estuarine Conditions". 54(1): 101–113. ISSN 0272-7714. doi:10.1006/ecss.2001.0825. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Deputación de Pontevedra (eds.). "A ría de Pontevedra". Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2018. Consultado o 04 de xaneiro de 2018. 
  3. GALP Pontevedra (eds.). "GALP - Grupo de acción local do sector pesqueiro de Pontevedra". 
  4. M. Gómez-Gesteira, M. de Castro, R. Prego (2003). "Dependence of the water residence time in Ria of Pontevedra (NW Spain) on the seawater inflow and the river discharge". In Estuarine, Coastal and Shelf Science (3 ed.) 58: 567–573. ISSN 0272-7714. doi:10.1016/S0272-7714(03)00135-5. 
  5. I Álvarez, M de Castro, R Prego, M Gómez-Gesteira (2003). "Hydrographic characterization of a winter-upwelling event in the Ria of Pontevedra (NW Spain)". In Estuarine, Coastal and Shelf Science (3–4 ed.) 56: 869–876. ISSN 0272-7714. doi:10.1016/S0272-7714(02)00309-8. 
  6. 6,0 6,1 García-Blanco, Ana; Bernárdez, Patricia; Prego, R. (2013). "Copper in Galician ria sediments: natural levels and harbour contamination". ISSN 0214-8358. doi:10.3989/scimar.03725.27H. Consultado o 2018-01-04. 
  7. ENCE (eds.). "¿Sabías que...?". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2015. Consultado o 04 de xaneiro de 2018. 
  8. ENCE (eds.). "Referente en comportamiento ambiental". Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2018. Consultado o 04 de xaneiro de 2018. Máis do 96% da produción de pasta de Ence en Pontevedra vai para a exportación, principalmente aos países do norte de Europa. 
  9. ELNOSA (eds.). "Elnosa: estamos cambiando". Arquivado dende o orixinal o 23/03/2019. Consultado o 05/01/2018. Electroquímica do Noroeste, S.A.U. (ELNOSA) é unha empresa adicada á produción de cloro, sosa cáustica, ácido clorhídrico, hipoclorito sódico e hidróxeno [...] As instalacións produtivas de ELNOSA están emprazadas no Complexo Industrial de Lourizán-Pontevedra, que comparte coa planta de fabricación de celulosa de ENCE. 
  10. 10,0 10,1 Figueiras, F. G., Niell, F. Xavier (1987). Consejo Superior de Investigaciones Científicas de España, eds. "Relaciones entre carbono, nitrógeno y clorofila a en la ría de Pontevedra, NO de España". Investigación Pesquera. 51(1): 3–21. 
  11. Manuel Soto Castiñeira (2005). ADEGA Cadernos - Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), eds. "A contaminación fluvial" 15. 
  12. 12,0 12,1 Manuel Soto Castiñeira (2003). ADEGA Cadernos - Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) volume = 10, eds. "En defensa das rías. Problemas e riscos de contaminación das Rías Galegas". 
  13. MC. López Rodríguez, JL. Pérez-Cirera (1994.). "Aportación al conocimiento de la influencia de la contaminación industrial den Fucus vesiculosus y Fucus spiralis en el N0. de la Península Ibérica.". Stvdia Botanica 13: 21–29. 
  14. Mora, J.; Planas, M.; Silva, R. "Impacto de la contaminación orgánica en la Ensenada de Lourizán (Proyecto Escorp). 1 El medio físico y la macrofauna bentónica = Impact of the organic pollution of the Ensenada de Lourizan (NW Spain). 1 Physical description and the benthic macrofauna.". Cah. Biol. Mar. 30(2): 181–199. 
  15. 15,0 15,1 Prego, R. AND Ferro, P. AND Trujillo, C. (2008). Servicio de Publicaciones de la Universidad Complutense, eds. "Lead and Zinc contamination of surface sediments in the main harbours of the Galician Rias". Journal of Iberian Geology. 34(2): 243–252. 
  16. Rubio, B. and Pye, K. and Rae, J. E. and Rey, D. (2001). Sedimentology, eds. "Sedimentological characteristics, heavy metal distribution and magnetic properties in subtidal sediments, Ria de Pontevedra, NW Spain" 48 (6): 1277–1296. ISSN 1365-3091. doi:10.1046/j.1365-3091.2001.00422. 
  17. 17,0 17,1 17,2 Cobelo, A., Prego, R., Nieto, O. (20 de outrubro de 2003). Ciencias Marinas, eds. "Chemical speciation of dissolved lead in polluted environments. A case of study: the Pontevedra Ria (NW Spain)". ISSN 0185-3880. 
  18. I. Rodríguez-Germade, B. Rubio, D. Rey (2014). In Marine Pollution Bulletin, eds. "XRF scanners as a quick screening tool for detecting toxic pollutant elements in sediments from Marín harbour in the Ría de Pontevedra (NW Spain)" 86 (1–2 ed.): 458–467. ISSN 0025-326X. 
  19. Belén Rubio, Paula Álvarez-Iglesias, Ana M. Bernabeu, Iván León, Kais J. Mohamed, Daniel Rey and Federico Vilas (2011). InTech, eds. "Factors Controlling the Incorporation of Trace Metals to Coastal Marine Sediments: Cases of Study in the Galician Rías Baixas (NW Spain), Relevant Perspectives in Global Environmental Change, Dr. Julius Agboola". doi:10.5772/27772. 
  20. Asociación pola Defensa da Ría (eds.). "Máis de 30 anos de loita ecoloxista na ría de Pontevedra". 
  21. 20 minutos, eds. (30/04/2015). "La Asociación pola Defensa da Ría dice a ENCE que "el único modo de no defraudar" es "cerrar" la fábrica de Pontevedra". 
  22. Olalla Rodil (29 Xuño 2017). "Novas razóns para unha Ence fóra da ría". SermosGaliza. Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2018. Consultado o 04 de xaneiro de 2018.