Valdecorvos, Pontevedra
Valdecorvos | |
---|---|
![]() Antiga casa rural en Valdecorvos, hoxe convertida en restaurante | |
Concello | Pontevedra[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°25′52″N 8°37′39″O / 42.431138888889, -8.6274166666667Coordenadas: 42°25′52″N 8°37′39″O / 42.431138888889, -8.6274166666667 |
Entidades de poboación | [1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Valdecorvos é un barrio da cidade de Pontevedra na súa zona leste. É un barrio recente que ten unha función residencial.
Localización[editar | editar a fonte]
O barrio de Valdecorvos está situado ao leste da cidade de Pontevedra. Limita ao norte coa zona da Seca e de Santa Margarida, ao sur coa zona do final da rúa Loureiro Crespo e a avenida de Lugo, ao leste coa avenida de Lugo e a estrada N-541 e ao oeste co barrio do Castañal.[2]
Historia[editar | editar a fonte]
O polígono residencial de Valdecorvos foi recollido no plan xeral de urbanismo da cidade de 1989 como área reservada para vivenda protexida. Os primeiros trámites para o seu desenvolvemento remóntanse a 1992[3] pero por distintas vicisitudes o expediente de urbanización non se retomou ata o ano 2001. Con todo, a urbanización dos terreos non se concretou ata o seu impulso definitivo en xaneiro de 2008,[4] cando se aprobou a modificación puntual do plan de urbanismo que desbloqueou o proxecto.
O proxecto de urbanización foi finalmente presentado en setembro de 2008 pola entón Conselleira de Vivenda Teresa Táboas, prevendo a construción de máis de medio milleiro de vivendas no barrio, algunhas de protección oficial.[4][5]
As obras de urbanización do barrio duraron 20 meses e finalizaron en abril de 2010.[6] A primeira licenza de construción dos tres primeiros edificios outorgouse en xuño de 2010[7] e o 9 de xuño de 2010 abriuse ao tránsito peonil e circulatorio a rúa central Prado Novo.[8][9]
En agosto de 2010 empezouse a construción dun paso inferior baixo a vía férrea para conectar o barrio polo oeste coa rúa José Malvar e o centro da cidade.[10] En abril de 2011 comezaron as obras de urbanización da rúa da Sequiña desde o novo paso inferior ata a rúa Prado Novo.[11]
En abril de 2022 completouse unha mellora integral do parque de Valdecorvos.[12]
Descrición[editar | editar a fonte]
O barrio articúlase ao redor dunha gran zona verde, o parque de Valdecorvos, polo sur do cal discorre o regato de Valdecorvos. É o maior parque do leste da cidade. Á parte do arboledo, inclúe sendas peonís e unha ponte de madeira para cruzar o regato de Valdecorvos, unha pasarela sobre pilotes para conectalo coa zona do Costado e escaleiras de madeira cara a rúa Prado Novo. Ten un miradoiro na parte norte con vistas á zona leste da cidade.[13] Na zona atópase unha carballeira e o miradoiro está concibido como área de descanso con mobiliario urbano.[12] A este parque súmanse as zonas axardinadas vinculadas a cada bloque de edificios e ao leste do barrio o parque das Regas.[4]
Valdecorvos ten unha rúa principal semicircular de 22 metros de ancho, a rúa Prado Novo, e conta con 375 prazas de aparcadoiro en superficie. Esta rúa ten conexión coa avenida de Lugo e a estrada de Ourense a través dunha rotonda e un vial de entrada e outro de saída. Da rúa central Prado Novo tamén saen tres ramais interiores que acaban en senllas glorietas, e unha rúa no oeste de conexión directa coa rúa José Malvar, a rúa da Sequiña, que inclúe un paso subterráneo baixo a vía do tren.[4]
O barrio está presidido no norte pola leira dos Pita, unha propiedade declarada como singular, que conta con varias árbores centenarias, entre eles unha colección de camelias.[8]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ "La crisis paraliza la venta de parcelas en el polígono de Valdecorvos". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de xuño de 2010.
- ↑ "El Concello aprueba el proyecto de parcelamiento del polígono residencial de Valdecorvos". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de setembro de 2009.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 "Quintana y Táboas presentan hoy el proyecto de urbanización de Valdecorvos". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de setembro de 2008.
- ↑ "Los pisos de Valdecorvos tendrán entre 54 y 94 metros". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de decembro de 2008.
- ↑ "Finalizan las obras en Valdecorvos y urgen a asumir la urbanización". Faro (en castelán). 25 de abril de 2010.
- ↑ "Aprobada la primera licencia para construir en Valdecorvos". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de xuño de 2010.
- ↑ 8,0 8,1 "Valdecorvos, barrio abierto". Faro (en castelán). 10 de xuño de 2010.
- ↑ "Valdecorvos se proyecta como barrio pontevedrés". El Correo Gallego (en castelán). 8 de xuño de 2010.
- ↑ "La instalación del paso inferior a Valdecorvos llevará semanas". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de agosto de 2010.
- ↑ "Arrancan con retraso los accesos de A Parda y Valdecorvos". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de abril de 2011.
- ↑ 12,0 12,1 "Completada la mejora integral del parque de Valdecorvos, valorada en 40.000 euros". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de abril de 2022.
- ↑ "El parque de Valdecorvos tendrá un mirador". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de novembro de 2020.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Valdecorvos, Pontevedra ![]() |