Saltar ao contido

Facultade de Deseño de Pontevedra

Facultade de Deseño de Pontevedra
Pontevedra Editar o valor en Wikidata
 Nome orixinal
Facultad de Diseño (es)  
Facultade de Deseño (gl)   Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
   Facultade de Deseño (gl)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Datas
 Fundación / creación
7 de xullo de 2022 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Número de estudantes
   260 (2026) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Localización
 Rúa
 Enderezo
Rúa Benito Corbal, 47
Calle Benito Corbal, 47 Editar o valor en Wikidata
 Coordenadas
Códigos e identificadores
Código postal36001 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Teléfono
+34-986-80-18-90 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A Facultade de Deseño de Pontevedra é un centro educativo universitario da Universidade de Vigo, con sede en Pontevedra no centro da cidade, único no noroeste de España.[1]

O proceso para a implantación da Facultade de Deseño na cidade de Pontevedra púxose en marcha en outubro de 2020.[2][3]

A Facultade de Deseño de Pontevedra creouse en 2022 polo decreto 133/2022, do 7 de xullo, no seu artigo 1.[4][5] Segundo o citado decreto a facultade poderá albergar á parte do grao en deseño, outras futuras titulacións, tanto de grao como de máster, relacionadas co ámbito do deseño. Aínda que nun principio estaba previsto o comezo das clases na facultade en 2022 coa posta en marcha do grao en Deseño, aprazouse finalmente por atraso nos trámites administrativos para o curso académico 2023-2024.[6]

A sede inicial provisional da facultade de Deseño son as plantas sexta e sétima[7] do Edificio da Xunta de Galicia cedidas para uso da universidade no centro da cidade de Pontevedra, na rúa Benito Corbal, 47.[8][9] Está prevista a construción dun edificio específico que acollerá a sede definitiva da facultade no barrio de Tafisa, na marxe esquerda do río Lérez, na beira oposta á que se atopa o campus da Xunqueira.[10] Ata a construción do novo edificio no barrio de Tafisa, a docencia desenvolverase no edificio da rúa Benito Corbal e tamén nalgúns espazos compartidos na Facultade de Belas Artes como os talleres téxtiles.[3]

Titulacións

[editar | editar a fonte]
  • Grao en Deseño.[3] É un título único no Sistema Universitario de Galicia. Contémplanse dúas orientacións, unha de deseño gráfico e dixital e outra en deseño de moda, ofrecendo unha formación transversal baseada en áreas de coñecemento relacionadas coas Belas Artes e as áreas de Comunicación Audiovisual, Informática, Historia da arte, Deseño, Socioloxía ou Didácticas Especiais.[11]

Como estudos de posgrao a facultade acollerá o seguinte máster:

Equipo decanal

[editar | editar a fonte]

O decano-comisario da facultade de Deseño é Marcos Dopico Castro.[1][3]

Actividades

[editar | editar a fonte]

Na cidade celebráronse actividades relacionadas co deseño noutros centros universitarios do campus de Pontevedra como as relacionadas co Encontro Nacional de Deseño organizadas en outubro de 2022.[12]

  1. 1 2 "«Ahora la titulación es un proyecto de campus y no de Belas Artes»". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de xullo de 2019.
  2. "Luz verde a las facultades de Deseño y de Xestión Pública en el campus de Pontevedra". Diario de Pontevedra (en castelán). 8 de febreiro de 2022.
  3. 1 2 3 4 5 "Ratifican la creación de las nuevas facultades de Diseño y de Dirección y Gestión Pública en el campus de Pontevedra". Pontevedra Viva (en castelán). 8 de xullo de 2022.
  4. "Visto bueno a la creación de las facultades de Deseño y Xestión Pública en Pontevedra". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de xullo de 2022.
  5. "DECRETO 133/2022, de 7 de julio, por el que se aprueba la creación de la Facultad de Diseño, de la Facultad de Dirección y Gestión Pública, y de la Facultad de Relaciones Internacionales de la Universidad de Vigo" (pdf). Diario Oficial de Galicia (en castelán). 2 de agosto de 2022.
  6. "Peligra la implantación del Grao en Deseño en el campus el próximo curso". Diario de Pontevedra (en castelán). 30 de marzo de 2022.
  7. "Forestais e DXP repiten como os únicos graos que empezan o curso con vacantes". Diario de Pontevedra. 5 de setembro de 2023.
  8. "Luz verde a la creación en Pontevedra de las nuevas facultades de Diseño y de Dirección y Gestión Pública". Pontevedra Viva (en castelán). 8 de febreiro de 2022.
  9. "El grado en Diseño y Creación tendrá espacios propios en el edificio administrativo de Benito Corbal". Pontevedra Viva (en castelán). 29 de maio de 2020.
  10. "Un edificio modular albergará las facultades de Deseño y Dirección e Xestión Pública en Pontevedra". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de abril de 2022.
  11. "Diseño y Creación tendrá facultad propia en Pontevedra". Pontevedra Viva (en castelán). 18 de xullo de 2019.
  12. "Pontevedra, capital española del diseño". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de outubro de 2022.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]