Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°26′23″N 08°38′12″O / 42.43972, -8.63667

Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra

Vista xeral do edificio da escola de enxeñaría forestal
Universidade: Universidade de Vigo
Localización: Pontevedra
Campus: Pontevedra
Enderezo: Campus da Xunqueira
36005
Ano de fundación: 31 de xullo de 1990
Decano: Juan Picos Martín
Docentes: 33
Estudantes: 137[1]
Teléfono: 986801900
Correo electrónico: sdeuetf@uvigo.es
Páxina web: escolaenxeñaríaforestal pontevedra

A Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra é un centro educativo da Universidade de Vigo con sede en Pontevedra, no campus da Xunqueira.

Historia[editar | editar a fonte]

A Escola de Enxeñería Forestal de Pontevedra foi creada en 1990 polo decreto 416/1990, do 31 de xullo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no seu artigo 15, coa denominación de Escola Universitaria de Enxeñeiros Técnicos de Industrias Forestais. Polo mesmo decreto autorizouse a implantación do título de enxeñeiros técnicos en industrias forestais na escola.[2].

A implantación da escola de enxeñeiros forestais na cidade estivo moi relacionada coa tradición forestal de Pontevedra. A cidade e a comarca de Pontevedra estaban ligadas desde as primeiras décadas do século XX ao sector forestal. A Misión Biolóxica de Galicia, instalouse en Pontevedra en 1928 e o Centro Forestal de Lourizán atopábase en Lourizán desde 1943, ano no que a Deputación de Pontevedra cedera o pazo de Lourizán ao Ministerio de Educación para o seu uso como Centro Rexional de Ensinanzas, Investigacións e Experiencias Forestais e que posteriormente en 1946 converteuse en Escola Técnica Superior de Montes.[3][4]

O primeiro plan de estudos da escola de enxeñeiros forestais do Campus Universitario de Pontevedra foi aprobado o 16 de xullo de 1991[5] e a escola empezou a funcionar no curso académico 1991-1992.

Nos seus inicios a escola situouse provisionalmente en instalacións cedidas pola Escola de Profesorado de E.X.B (antiga escola de Maxisterio a carón do río Lérez na avenida de Bos Aires) e non se trasladou á súa sede definitiva, un edificio propio no campus, ata 1996.[3] O 14 de outubro de 1995 o edificio, deseñado polo arquitecto José Ramón Rúa Rodríguez estaba xa case terminado e foi o primeiro edificio construído no Campus da Xunqueira.[1][6]

En 1999 polo decreto 216/1999, do 15 de xullo, no seu artigo 3, a escola pasou a denominarse Escola Universitaria de Enxeñaría Técnica Forestal.[7]. Posteriormente, en 2011 polo decreto 14/2011, do 3 de febreiro, a escola pasou a denominarse Escola de Enxeñaría Forestal, nome que conserva na actualidade.[8]

En 2019 o grao en enxeñaría forestal da escola converteuse na cuarta titulación universitaria galega en obter o selo internacional de calidade en enxeñería EUR-ACE.[9]

Titulacións[editar | editar a fonte]

Na escola impártese o grao en Enxeñaría Forestal.[1] As especializacións ofertadas son Industrias Forestais e Explotacións Forestais.

Instalacións[editar | editar a fonte]

Os servizos administrativos do Campus Universitario de Pontevedra e o Lugar de Entrega e Recollida de Documentación (LERD) do Sistema Universitario de Galicia están situados na Escola de Enxeñería Forestal. A organización Erasmus Students Network para os estudantes Erasmus tamén ten unha sede en Pontevedra situada na escola.

Equipo directivo[editar | editar a fonte]

O director da escola de enxeñeiros forestais é Juan Picos Martín e a videdirectora Mª Ángeles Cancela Carral. O secretario é José Manuel Casas Mirás.[10]

Actividades[editar | editar a fonte]

A escola organiza e acolle distintas actividades como as Xornadas Galegas de Patrimonio Natural e Biodiversidade. En novembro de 2019 desenvolvéronse no centro as III Xornadas Galegas de Patrimonio Natural e Biodiversidade con distintas conferencias sobre temas como as mareas vermellas, a contaminación luminosa, a conservación de especies como as píntegas ou o oso ou a xestión do monte e a paisaxe.[11]

Cultura[editar | editar a fonte]

O patrón da facultade é san Leandro e a facultade celebra a súa festividade no mes de abril.[12]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Forestais, un abanico de salidas en un sector con gran potencial". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de marzo de 2012. 
  2. "DECRETO 416/1990, de 31 de julio, por el que se crean centros y se concede autorización para implantar estudios conducentes a las titulaciones que se relacionan en el sistema universitario de Galicia.". Diario Oficial de Galicia (en castelán). 10 de agosto de 1990. 
  3. 3,0 3,1 "El 'campus' provisional de Pontevedra". El País (en castelán). 13 de decembro de 1994. 
  4. "Los Roteiros de Outono recalan en los pazos de Lourizán y Salcedo". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de outubro de 2017. 
  5. "RESOLUCIÓN de 28 de febrero de 1992 de la Universidad de Vigo, por la que se ordena la publicación del plan de estudios conducente a la obtención del titulo de lngeniero Técnico en Industrias Forestales." (PDF). Boletín Oficial del Estado (en castelán). 22 de abril de 1992. 
  6. "Buenas instalaciones y sinergias para paliar la falta de espacio". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de enero de 2016. 
  7. "DECRETO 216/1999, de 15 de julio, por el que se autoriza el cambio de denominación de determinados centros del sistema universitario de Galicia.". Diario Oficial de Galicia (en castelán). 26 de xullo de 1999. 
  8. "DECRETO 14/2011, do 3 de febreiro, polo que se suprime, se crea e se modifica a denominación de centros universitarios na Universidade de Vigo.". Diario Oficial de Galicia (en castelán). 14 de febreiro de 2011. 
  9. "Enxeñería Forestal, cuarto grado gallego con un sello internacional de excelencia". Diario de Pontevedra (en castelán). 4 de maio de 2019. 
  10. "La Xunta de Escuela confirma a Juan Picos como director de la Escuela de Ingeniería Forestal". Pontevedra Viva (en castelán). 10 de xullo de 2017. 
  11. "La Escuela de Ingeniería Forestal de Pontevedra acoge este sábado las III Jornadas Gallegas de Patrimonio Natural". Galicia Press (en castelán). 21 de novembro de 2019. 
  12. "La Escuela de Ingeniería Forestal celebra San Leandro". Pontevedra Viva (en castelán). 11 de abril de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]