Paisaxe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paisaxe. Sassolungo (Italia).

Paisaxe (extensión de terreo que se ve dende un sitio), é un concepto que se emprega de xeito diferente por varios campos de estudo, aínda que todos os usos do termo levan implícita a existencia dun suxeito observador e dun obxecto observado (o terreo) do que se destacan fundamentalmente as súas calidades visuais e espaciais.

A paisaxe, concibida como unha compoñente do ambiente, é obxecto de protección por parte de diversas leis e institucións nacionais e internacionais (UNESCO e Consello de Europa).

A paisaxe, dende o punto de vista xeográfico, é o obxecto de estudo primordial e o documento xeográfico básico a partir do cal se fai a xeografía. En xeral, enténdese por paisaxe calquera área da superficie terrestre produto da interacción dos diferentes factores presentes nela e que teñen un reflexo visual no espazo. A paisaxe xeográfica é por tanto o aspecto que adquire o espazo xeográfico. Defínese polas súas formas: naturais ou antrópicas. Toda paisaxe está composta por elementos que se artellan entre si. Estes elementos son basicamente de tres tipos: abióticos (elementos non vivos), bióticos (resultado da actividade dos seres vivos) e antrópicos (resultado da actividade humana). Determinar estes elementos é o que constitúe o primeiro nivel da análise xeográfica.

Na bioloxía, algúns conceptos empregan o termo paisaxe.[Cómpre referencia]

A paisaxe, dende o punto de vista artístico, sobre todo pictórico, é a representación gráfica dun terreo extenso. Co mesmo significado utilízase o termo país (non debe confundirse co concepto político de país). A paisaxe tamén pode ser o obxecto material a crear ou modificar pola arte mesma.

Na literatura, a descrición da paisaxe é unha forma literaria que se denomina topografía (termo que tamén dá nome á topografía como ciencia e técnica que se emprega para a representación gráfica da superficie terrestre). En construcións literarias e ensaísticas é habitual comparar a paisaxe coa veciñanza (de paisano), é dicir, o medio cos grupos humanos

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]