Frontón (arquitectura)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Frontón neoclásico da Concatedral de Vigo.
Academia National de Grecia, Atenas, con frontón historiado.

En arquitectura, o frontón é unha superficie triangular formada polos beirís inclinados e a liña horizontal da cornixa nos edificios clásicos. O punto de unión das liñas inclinadas denomínase ápice. Non sempre son estruturais, pois con frecuencia poden ser elementos decorativos, mesmo a grande escala. A pequena escala coroan vans e ocos.

No desenvolvemento da arquitectura, os frontóns sufriron variedades respecto do frontón clásico. Apareceron así o frontón curvo, no que as liñas rectas formadas polos beirís son substituídas por unha semicircunferencia; ou o frontón roto ou partido, caracterizado pola interrupción das liñas inclinadas.

A superficie interna, delimitada polos elementos constituíntes, pode converterse nunha superficie decorada (escultura, pintura etc.) denominada tamén frontón ou tímpano, podendo entón falarse dun frontón historiado.

Na arquitectura popular galega, o remate triangular na parte superior da fachada, delimitado polos beirís inclinados, denomínase pinche, pinchón ou outón.

Trazado teórico[editar | editar a fonte]

O trazado teórico do frontón clásico remite a unha relación ideal de proporcionalidade entre a súa altura e o ancho maior. Esa relación é 5/24 (máis ou menos 1/5). O frontón denomínase «rebaixado» cando esa relación é inferior ou igual a 4/24 (1/6); e denomínase «realzado» cando tal relación é superior ou igual a 6/24 (1/4).

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]