Áurea Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Áurea Rodríguez
Aurea Rodríguez 1927.png
Nacemento16 de novembro de 1897
Lugar de nacementoMuntián
Falecementoséculo XX
NacionalidadeEspaña
Ocupacióngaiteira
editar datos en Wikidata ]

María Áurea Rodríguez Rodríguez, nada o 16 de novembro de 1897 en Muntián (Cartelle), foi unha gaiteira galega, a primeira documentada da historia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi a maior dos seis fillos do matrimonio José Rodríguez e Hermelinda Rodríguez. Comezou a tocar a gaita arredor de 1907, á idade de dez anos. Logo do falecemento dos seus pais formou xunto cos seus irmáns Castor, Felisindo, Manuel e Eliseo, o grupo Os Maravillas (en referencia á parroquia de onde son orixinarios, As Marabillas). O grupo tivo un enorme éxito en toda a xeografía galega durante os anos vinte. En 1929 as xiras do grupo traspasan as fronteiras de Galicia, realizan actuacións en Madrid, que coroan a Aurea como "La reina de la gaita Gallega", e pola Arxentina no mes de novembro.[1] Na década dos trinta desfaise o grupo. A última nova sobre Áurea é dunha actuación que tivo lugar en Venezuela en 1945.

Os Maravillas de Cartelle, composición inicial. 
Os Maravillas cara a 1927. 
Aurea Rodríguez xunto aos seus fillos. 

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]