Campanario
Un campanario ou campanil é un edificio ou torre construída xunto a unha basílica, catedral, igrexa ou capela onde se colocan as campás, coa finalidade de convocar a asistencia dos fregueses ao servizo relixioso.
Ao referirse aos campanarios de igrexas italianas, úsase moitas veces as palabras campanil ou campanile. O campanil (ou campanario) máis coñecido é probablemente a Torre de Pisa, famosa pola súa inclinación. Tamén é coñecido o campanario da Basílica de San Marcos, en Venecia.
Actualmente moitos campanarios no canto de campá teñen un carrillón, instrumento musical conformado por varias campás.
Outra modalidade esencial dos campanarios atopámola nas espadanas, macizos de pedra, a maioría deles con remates mixtilíneos, onde se colocan unha serie de campás; estes espazos ou aberturas para colocar as campás coñécense como claros. Unha espadana pode ter un significativo número de campás de diferentes tamaños.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|