Río Arnoia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Arnoia
PaísGalicia Galicia
NacementoSerra de San Mamede
Lonxitude84,5 km
DesembocaduraRío Miño
Pontella sobre o río Arnoia (Requeixo de Valverde, Allariz)

O río Arnoia é un afluente do Miño pola banda esquerda. A súa lonxitude é de 84,5 quilómetros, o que o converte no río máis longo da provincia de Ourense. Un seu homónimo é o portugués río Arnoia, de feito o nome de Arnoia é un hidronímico común en Europa, en linguas prerromanas.

Toponimia[editar | editar a fonte]

Coa mesma raíz que o río Arnego, procede dunha raíz hidronímica celto-indoeuropea er-, or- co significado de excitar, pór en movemento[1].

Curso[editar | editar a fonte]

Fontes[editar | editar a fonte]

Nace no concello de Vilar de Barrio, a partir da confluencia de varios regos da serra de San Mamede.

Percorrido[editar | editar a fonte]

Baña os concellos de Vilar de Barrio, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía, Allariz, A Merca e Celanova. Logo segue marcando o límite entre os concellos de Ramirás e Gomesende (no norte) e Cartelle e Cortegada (no sur) a través dun canón que antes de chegar ó concello da Arnoia forma un canón cunha pendente de 300 metros durante sete quilómetros, entre penedías e fragas. Finalmente, chega ao concello da Arnoia onde desemboca no Río Miño no lugar de Portocarreiro fronte a un pequeno illote granítico. No concello da Arnoia o río conforma dous vales unidos, o val de San Vicente (O Rial, O Outeiro, Remuiño, O Pomar, A Ponte, Carnós) e o val de San Amaro (Os Chaos, A Laxa, Quinteiros, A Paixón, Bacelo e Outeiro Cruz).

Afluentes[editar | editar a fonte]

Os principais tributarios do Arnoia son o Maceda, o Ambía e o Ourille e outros pequenos regatos ao longo do camiño.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Moralejo Laso, A.. Notas acerca de hidronimia gallega. Universidade de Santiago de Compostela.