As Marabillas, Cartelle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
As Marabillas
Igrexa de Nosa Señora das Marabillas ao solpor
ConcelloCartelle[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°13′11″N 7°57′09″O / 42.21981181, -7.95261762Coordenadas: 42°13′11″N 7°57′09″O / 42.21981181, -7.95261762
Poboación290 hab. (2017)
Entidades de poboación4[1]
editar datos en Wikidata ]

Nosa Señora das Marabillas é unha parroquia do concello de Cartelle, na comarca da Terra de Celanova, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 346 habitantes, dos cales 164 eran homes e 182 mulleres.

Procesión[editar | editar a fonte]

Durante a festividade da Virxe das Marabillas, coincidente co día previo a Pentecoste, realízase unha procesión na honra da devandita virxe. Esta procesión podería ter orixe no ano 1646 e conmemora a suposta aparición (tres veces) da virxe no lugar. A imaxe da virxe vai acompañada de arcos florais e ramos enfeitados con bólas e papeis de cores vivas. Esta procesión garda bastantes paralelismos coa procesión dos pendóns de Santa Mariña de Augas Santas.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

O santuario actual data do século XVIII e nas proximidades atopáronse restos arqueolóxicos que poderían ser dun campamento romano[2].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares das Marabillas[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia das Marabillas no concello de Cartelle (Ourense)

Augalevada | Aúlfe | Muntián | O Vieiro

Parroquias de Cartelle[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Cartelle

Anfeoz (Santa Baia) | Cartelle (Santa María) | Couxil (Santa María) | Espiñoso (San Miguel) | As Marabillas (Nosa Sra. das Marabillas) | O Mundil (Santa María) | Penela (Santiago) | Sabucedo de Montes (San Pedro) | San Tomé (Santa María) | Sande (San Salvador) | As Seixadas (San Xoán) | Vilar de Vacas (Santa María)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
  2. Cid Rumbao, Alfredo, Guía Turística de la Provincia de Ourense