Castor Velo Cobelas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castor Velo Cobelas
Nacemento1915
Lugar de nacementoOs Pereiros
Lugar de falecementoCartelle
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
IrmánsCarlos Velo
editar datos en Wikidata ]

Castor Velo Cobelas, nado nos Pereiros (Cartelle) en 1915 e finado no mesmo concello, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Irmán de Carlos Velo. Militante do Partido Galeguista, foi vicepresidente das Mocedades Galeguistas de Ourense. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 trasladouse a Vigo en 1943, onde abriu unha academia asociado ao seu curmán Xosé Velo Mosquera. Tentou de reorganizar o nacionalismo na órbita da Unión Nacional con Xosé Velo, Mariano Otero Castelao e Ramón de Valenzuela. Exiliouse en Venezuela. Posteriormente volveu a Cartelle.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Quince relatos titulados. “31-XII-1999 11:30 p.m.”, 1999.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Dolores Blanco Velo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]