Zúñiga
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Zúñiga (Zuñiga en éuscaro), é un concello pertencente á Comunidade Foral de Navarra, que forma parte da comarca de Tierra Estella. Encóntrase a 71 km de Pamplona.
Xentilicio[editar | editar a fonte]
Zuñigués (en éuscaro, Zuñigarra). Os habitantes de Zúñiga tamén reciben o alcume de cachuelos, que é o nome dun peixe que se cría nas augas do río Ega.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Vila do val da Solana, no Meiriñado de Estella. Atópase situado no extremo occidental da comarca estellesa, formando parte da depresión de Tierra Estella. O concello limita ao norte pola ladeira de Santiago de Lóquiz e ao sur polo río Ega e a Serra de Codés.
Historia[editar | editar a fonte]
Cos distintos nomes de Estunega, Buztunica, Estuniga, Stunica, Estúñiga, Stúñiga, formou parte ata 1200 da terra de Campezo. Sancho Iñiguez, Señor do Estado e Val de Estunega (en éuscaro significa Estune, estreito, e Ega é o nome do río que pasa polo lugar), Arminguero do rei de Navarra e Aragón Sancho V Ramirez, e sexto neto do rei de Navarra Fortún Garcús "o Monxe", comezou polo 1080 a chamarse Sancho Iñiguez de Stunica.
A raíz da guerra civil que estalou en Navarra en 1274 e durou ata o 1277, debido á querela pola titoría da raíña nena Xoana I e ao seu compromiso matrimonial con Filipe IV de Francia "o Fermoso". Isto significaba a incorporación de Navarra á Coroa de Francia, polo que abandona Navarra Iñigo Ortiz de Stunica, Rico-home, Alférez Maior de Navarra, señor de Stunica, e outros lugares, quinto neto do rei de Navarra García V Ramírez "o Restaurador" e establécese na Rioxa, Castela. Zúñiga é nomeada vila de reguengo e incorporada en 1278 á Coroa de Navarra.
Despois de asinar o tratado de amizade e axuda entre os reis de Castela Henrique III "O Doente" e de Navarra Carlos III "o Bo", que se asinou o 21 de xuño de 1394, o rei Carlos III restituíu a Diego López de Estúñiga, Xustiza Maior de Castela e do Consello do Rei, o 31 de xullo de 1394 o señorío de Estúñiga (o seu solar) e o señorío de Mendavia en recompensa. Desde 1430 ata 1450 o señorío pasou a Carlos e Luis de Beaumont, obtendo a condición de boa vila con asento nas Cortes do reino en 1482.
Álvaro de Stunica y Guzmán, duque I de Béjar e Plasencia, parente maior da Casa de Stunica / Estúñiga, castelanizou o apelido en Zúñiga, logo do pacto de reconciliación coa raíña Isabel I "a Católica", asinado en 1476. Desde entón empregouse o nome de Zúñiga por persoas e cidades dos Reinos de España.
Administración[editar | editar a fonte]
Está integrado na Mancomunidade de Montejurra e na Agrupación de Municipios de Lana, Piedramillera, Zúñiga, Mués e Sorlada. Pertence ao partido xudicial de Estella.
Demografía[editar | editar a fonte]
1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1975 | 2005 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
333 | 344 | 359 | 383 | 327 | 317 | 284 | 204 | 154 | 178 |
Monumentos[editar | editar a fonte]
- Igrexa de Santa María, edificio tardogótico do século XVI.
- Ermida de Nuestra Señora de Arquijas, edificio gótico da primeira metade do século XIII.
- Ermida da Beata Sis, con imaxe renacentista da titular.
- Restos dunha muralla medieval.
Festas[editar | editar a fonte]
As festas patronais celebranse a última semana de xuño e a primeira de xullo.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Menéndez y Pidal, Ramón (1981). Historia de España. Madrid, Editorial Espasa-Calpe. ISBN 84-239-4800-5.
- Villar y Pascual, Luis (1864). Diccionario histórico genealógico y heráldico de las familias ilustres de la monarquía española. Madrid.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- http://www.cfnavarra.es/estadistica - Instituto de estatística de Navarra
- http://idena.navarra.es/ - Infraestrutura de Datos Especiais de Navarra