Hernando da Silva Ramos
Hernando da Silva Ramos | |
Carreira na Fórmula 1 | |
Nacionalidade | ![]() |
---|---|
Anos en activo | 2 (1955 – 1956) |
Escudería(s) | Gordini |
Grandes Premios disputados | 7 |
Campionatos | 0 |
Vitorias | 0 |
Podios | 0 |
Pole positions | 0 |
Voltas rápidas | 0 |
Primeiro GP | Gran Premio dos Países Baixos de 1955 |
Derradeiro GP | Gran Premio de Italia de 1956 |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Hernando[1] João "Nano" da Silva Ramos nado en París, Francia é un expiloto de carreiras con dobre nacionalidade franco-brasileira.[2] Tiña nai francesa e pai brasileiro.[3]
Carreira[editar | editar a fonte]
Da Silva Ramos aventurouse por primeira vez en carreiras de motor, conducindo un MG TC, en marzo de 1947, á idade de 21 anos, cando competiu no Gran Premio de Interlagos no Brasil.[3] Durante 1953 comezou a competir nun Aston Martin DB2/4 en carreiras de coches deportivos en Francia. En 1954 en Montlhéry, cruzou a liña no segundo lugar na París Cup, pero foi o gañador da Coupe de Montlehery. No mesmo ano, tamén participou na carreira das 24 Horas de Le Mans, con Jean-Paul Colas como o seu copiloto, retirouse logo de 14 horas despois dun fallo do eixe traseiro. Tamén en 1954, quedou sen combustible mentres encabezaba o Tour de Francia Auto e retirouse co motor danado no Rally de Marrocos. Máis adiante nese ano na Salon Cup, na cal tamén tivo que retirarse, conduciu un Gordini Type 18.[3] En 1955 (co copiloto Lucas) foi descualificado por exceso de velocidade no Rally de Monte Carlo, estaba clasificado 46º e 4º na súa clase, gañou o Coupe de Montlhery novamente, gañou o Rally Sabre-Solesmes e foi quinto na clase GT da Mille Miglia co copiloto Vidille.[4]
Da Silva Ramos participou en sete Grandes Premios do Campionato do Mundo de Fórmula Un, debutou o 19 de xuño de 1955 e anotou un total de dous puntos de campionato.
Resultados completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1955 | Equipe Gordini | Gordini Type 16 | Gordini 6 en liña | ARX | MON | 500 | BEL | NED 8 |
GBR Ret |
ITA Ret |
NC | 0 | |
1956 | Equipe Gordini | Gordini Type 16 | Gordini 6 en liña | ARX | MON 5 |
500 | BEL | 19º | 2 | ||||
Gordini Type 32 | Gordini 8 en liña | FRA 8 |
GBR Ret |
ALE | ITA Ret |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ As fontes non están de acordo co primeiro nome de da Silva Ramos. algunhas fontes (ex. FORIX, oldracingcars.com, formula1.com, ChicaneF1 Arquivado 05 de xullo de 2017 en Wayback Machine. e StatsF1) aparece como "Hermano" mentres que outra (ex. grandprix.com e Mike Lang's Grand Prix! Volume 1) aparece como "Hernando".
- ↑ "Drivers: Hernando da Silva Ramos". grandprix.com. Inside F1. Consultado o 6 de novembro de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Paolozzi, Rémi. "A Brazilian tune in Paris". 8W. Forix. Consultado o 6 de novembro de 2012.
- ↑ AMOC Register
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hernando da Silva Ramos |