Óscar González (piloto)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Óscar González
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Flag of Uruguay.svg Uruguai
Anos en activo 1956
Escudería(s) Maserati privado
Grandes Premios disputados 1
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 0
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro GP Gran Premio de Arxentina de 1956
Derradeiro GP Gran Premio de Arxentina de 1956

Óscar Mario "Bocha" González, nado en Montevideo o 10 de novembro de 1923 e finado na mesma cidade o 5 de novembro de 2006[1], foi un piloto de carreiras uruguaio. González participou nun Gran Premio de Fórmula Un, o Gran Premio de Arxentina de 1956 o 22 de xaneiro de 1956, terminando en sexto lugar nunha unidade compartida co seu compatriota Alberto Uria. Non anotou puntos para o campionato.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Óscar Mário González, máis coñecido como "Bocha" ou "Bochita", era un apaixonado do automobilismo e un gran amigo dos pilotos arxentinos Juan Manuel Fangio e José Froilán González. Alén de vencer diversas probas na América do Sur, entre elas a 1ª Copa 19 Capitais, en 1968, tivo destacadas participacións no Torneo Triangular Sulamericano, disputado entre 1958 e 1961, con probas na Arxentina, no Brasil e no Uruguai. En 1956, compartiu con Alberto Uria o volante dun Maserati 250F inscrito no Gran Premio da Arxentina de Fórmula 1, cualificaron no 13º posto e chegaron sextos, dez voltas atrás dos líderes. Posteriormente, tamén foi piloto oficial de Renault nas probas de turismo na Arxentina, xunto a Gastón Perkins, Carlos Guimarey e Juan Pedro Garcia.

González faleceu en 5 de novembro de 2006 e, na súa homenaxe, a Asociación Uruguaia de Pilotos (Asociación Uruguaya de Volantes) nomeou o Gran Premio de Piriápolis daquel ano Gran Premio Óscar Mário González.

Resultado completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 Pos. Puntos
1956 Alberto Uria Maserati A6GCM/250F Maserati
6 en liña
ARX
6*
MON 500 BEL FRA GBR ALE ITA NC 0
* Indica unidade compartida con Alberto Uria

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Falleció a los 82 años el "Bocha" González Arquivado 21 de setembro de 2015 en Wayback Machine., artigo en Autonoticias (en castelán)