Olivier Gendebien

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Olivier Gendebien
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Bélxica Bélxica
Anos en activo 19551956, 19581961
Escudería(s) Ferrari,
privado Cooper, Emeryson e Lotus
Grandes Premios disputados 15 (14 saídas)
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 2
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro GP Gran Premio de Arxentina de 1956
Derradeiro GP Gran Premio dos Estados Unidos de 1961

Olivier Gendebien nado o 12 de xaneiro de 1924 e finado o 2 de outubro de 1998. Foi un piloto de carreiras belga considerado "un dos máis grandes corredores de sportscar de todos os tempos".[1]

Corredor de Rally[editar | editar a fonte]

Gendebien participou cun coche deportivo Veritas no Grand Prix des Frontières de 1955 en Liexa. Con todo, tras esta carreira cambiou o seu, e asociouse con Fraikin para competir en carreiras de rally cun Jaguar.[2] Xunto con Pierre Stasse, Gendebien gañou a sexta carreira do Tulip Rally de Zandvoort en abril de 1954. O seu coche era un Alfa Romeo 1900 TI.[3][4] A asociación Gendebien e Fraiken gañou o alcume de "os eternos damas de honra", debido ao seu número de segundos postos, pero logo de dous intentos triunfaron no Rally Liexa-Roma-Liexa, a Coppa d'Oro delle Dolomiti e o Rally Stella Alpina en 1955, pilotando un Mercedes-Benz 300SL.

Piloto de Fórmula Un[editar | editar a fonte]

O éxito de Gendebien en competicións de rally chamou á atención de Enzo Ferrari, que lle ofreceu un contrato para pilotar un Ferrari en carreiras de autos deportivos e nos Grandes Premios. Moi respectado como un verdadeiro cabaleiro por todos os que o coñeceron, seguiu sendo membro do equipo Ferrari ata que se retirou da competición. Enzo Ferrari resumiuno como "un cabaleiro que nunca se esquece de que Nobreza obriga e, cando está ao volante, traduce este código de conduta nun elegante e esixente vigor".[1]

Durante a súa carreira, competiu soamente en 15 carreiras de Fórmula Un porque a maioría das veces era o piloto de recambio de Ferrari, participando só ocasionalmente. con todo, anotou puntos en cinco carreiras, e quedou a só unha posición de acabar nos puntos noutras dúas ocasións.

Fixo o seu debut no Gran Premio de Arxentina de 1956, co equipo Ferrari, pero foi durante a tempada de 1960 co equipo Yeoman Credit Racing de British Racing Partnership cando Gendebien marcou os seus mellores resultados, logrou o segundo lugar no Gran Premio de Francia de 1960 e o terceiro fronte ao seu público no Gran Premio de Bélxica de 1960.

O segundo deles foi un éxito un tanto agridoce, o compañeiro de equipo de Gendebien nese momento, Chris Bristow, morreu nun accidente durante a carreira.

Gendebien sufriu feridas leves en outubro de 1961 logo de que o seu Lotus - Climax non lograra negociar un xiro durante a práctica para o Gran Premio dos Estados Unidos de 1961 en Watkins Glen, Nova York. O coche envorcou e os zapatos de Gendebien foron arrincadas polo impacto.[5]

Coches de competición[editar | editar a fonte]

Con todo, foi nas carreiras de autos deportivos, en particular as de longa distancia e as probas de resistencia, onde Gendebien destacou. Pilotou un Ferrari de 2.5 litros, Gendebien asociouse con Maurice Trintignant para lograr o terceiro lugar nas 24 Horas de Le Mans de 1956. Quedaron sete voltas detrás dos gañadores, o Ecurie Ecosse Jaguar privado pilotado por Ron Flockhart e Ninian Sanderson.[6] O Gran Premio de Buenos Aires de 1958 foi un evento de 1000 quilómetros no que Gendebien emparellado con Wolfgang von Trips. Terminaron segundos tralos seus compañeiros en Ferrari, a parella Phil Hill e Peter Collins. Na carreira arxentina o piloto de Maserati, Jorge Magnasco, morreu despois de que o seu coche derrapara e envorcara.[7]

O mesmo ano asociado con Hill gañou as prestixiosas 24 Horas de Le Mans. A súa vitoria chegou nun Ferrari de 3 litros e asegurou o Campionato Mundial Sportscar para a fábrica de Ferrari. Cubriron 4.041 quilómetros cunha velocidade media de 172 km. por hora. Hill converteuse no primeiro estadounidense en gañar o evento e o seu Ferrari foi o único coche patrocinado pola fábrica que chegou ao final.[8] Os pilotos de Ferrari lograron as tres primeiras posicións na conclusión das 24 Horas de Le Mans de 1961 e, gañaron de novo o ano seguinte, Hill e Gendebien foron primeiros, cunha media de 185 quilómetros por hora, e establecendo a marca da carreira.[9] O dúo encaixaba perfectamente e xuntos gañaron a carreira de Le Mans tres veces en total (1958, 1961 e 1962), Gendebien gañouno catro veces, asociado co seu compatriota belga Paul Frère gañounas tamén en 1960. A marca de vitorias de Gendebien en Le Mans non foi superada ata 1981, cando o seu compatriota belga Jacky Ickx gañouno por quinta vez.

Lonxe de Circuíto da Sarthe, Gendebien tamén triunfou na Targa Florio (1958, 1961, 1962), as 12 Horas de Sebring (1959, 1960, 1961), as 12 Horas de Reims (1957, 1958) e os 1000 km de Nürburgring (1962). Cando se lle preguntou pola clave para gañar como piloto de carreiras, Gendebien respondeu: "É unha cuestión de tomar as curvas un pouco máis rápido do que un quere."[10] Tamén gañou a Copa Dolomitas, unha carreira de coches deportivos dunha volta que tivo lugar nun circuíto de 302´5 quilómetros nas montañas Dolomitas en Italia.

Principais vitorias[editar | editar a fonte]

Vida privada[editar | editar a fonte]

Casado e con tres fillos, a esposa de Gendebien presionouno para deixar o perigoso deporte das carreiras de automóbiles, onde máis de dúas ducias dos seus competidores morrera ao volante. Aos 38 anos de idade, en 1962 Olivier Gendebien retirouse logo da súa cuarta vitoria en Le Mans. Economicamente independentemente, foi un gran esquiador, xogador de tenis, e xinete ecuestre, dedicou o resto da súa vida a participar en diversos negocios. En 1998 O rei Alberte II concedeulle a Orde da Coroa.

Olivier Gendebien morreu en 1998 na súa casa de Les Baux-de-Provence no sur de Francia.

Rexistro de carreiras[editar | editar a fonte]

Resultado completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Pos. Pts.
1955 Equipe Nationale Belge Ferrari 625 Ferrari 4 en liña ARX MON 500 BEL
NCG
NED GBR ITA NC 0
1956 Scuderia Ferrari Ferrari 555 Ferrari L4 ARX
5
MON 500 BEL 23º 2
Lancia-Ferrari D50 Lancia V8 FRA
Ret
GBR
NCG
ALE ITA
1958 Scuderia Ferrari Ferrari Dino 246 Ferrari V6 ARX MON NED 500 BEL
6
FRA GBR ALE POR ITA
Ret
MAR
Ret
NC 0
1959 Scuderia Ferrari Ferrari Dino 246 Ferrari V6 MON 500 NED FRA
4
GBR ALE POR ITA
6
USA 15º 3
1960 Scuderia Ferrari Ferrari Dino 246 Ferrari V6 ARX
NCG
MON 500 NED 10
Yeoman Credit Racing Team Cooper T51 Climax L4 BEL
3
FRA
2
GBR
9
POR
7
ITA USA
12
1961 Equipe Nationale Belge Emeryson Mk2 Maserati L4 MON
NSC
NED 14º 3
Scuderia Ferrari Ferrari 156 Ferrari V6 BEL
4
FRA GBR ALE ITA
UDT-Laystall Racing Team Lotus 18/21 Climax L4 USA
11

Resultados fora de campionato[editar | editar a fonte]

(key) (Carreiras en negra indican pole position) (Carreiras en italica indican volta rápida)

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21
1956 Scuderia Ferrari Ferrari 555 Ferrari BUE
6
GLV SYR AIN INT NAP 100 VNW CAE SUS BRH
1957 Scuderia Ferrari Lancia D50 Lancia V8 BUE SYR PAU GLV NAP RMS
Ret
CAE INT MOD MAR
1961 Equipe Nationale Belge Emeryson Mk2 Maserati L4 LOM GLV PAU
Ret
BRX
Ret
VIE AIN SYR NAP LON SIL SOL
NCG
KAN DAN MOD FLG OUL LEW VAL RAN NAT RSA

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Cooper, A. 1998. Obituary: Olivier Gendebien. Motor Sport, LXXIV/11 (novembro 1998), 4
  2. "Driver: Gendebien, Olivier". Autocourse Grand Prix Archive. Arquivado dende o orixinal o 2007-12-21. Consultado o 2007-11-18. 
  3. "Belgians Win Auto Race". The New York Times. 1 maio 1954. p. 20. 
  4. "Olivier Gendebien". motorsportmemorial.org. Consultado o 2009-10-24. 
  5. "Belgian Racing Ace Crashes". Los Angeles Times. 7 outubro 1961. p. A1. 
  6. "Flockhart and Sanderson Take Le Mans Auto Endurance Race". The New York Times. 30 xullo 1956. p. 26. 
  7. "Auto Race Driver Dies of Injuries". The New York Times. 27 January 1958. p. 31. 
  8. "Hill of California and Gendebien Triumph With Ferrari in Le Mans". The New York Times. 23 xuño 1958. p. 30. 
  9. "First Three At Le Mans All Ferraris". The Times. 12 xuño 1961. p. 4. 
  10. "Life in a Sports Car". Los Angeles Times. 2 outubror 1961. p. C1. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]