Chico Landi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Chico Landi
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Flag of Brazil.svg Brasil
Anos en activo 5 (19511953, 1956)
Escudería(s) Maserati inc. como privado; Ferrari privado
Grandes Premios disputados 6
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 0
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro GP Gran Premio de Italia de 1951
Derradeiro GP Gran Premio de Arxentina de 1956

Francisco Sacco Landi nado en São Paulo o 14 de xullo de 1907 e finado o 7 de xuño de 1989, coñecido como Chico, foi un piloto de carreiras do Brasil. Participou en seis Grandes Premios do Campionato Mundial de Fórmula 1, debutou o 16 de setembro de 1951. anotou un total de 1´5 puntos de campionato, logrados polo seu cuarto lugar no Gran Premio de Arxentina de 1956, nunha unidade que compartiu con Gerino Gerini.

Historia[editar | editar a fonte]

Landi procedía dunha modesta familia de clase media, e chegou ás carreiras grazas á posesión dun garaxe. Xunto co adiñeirado fillo dun diplomático Manuel de Teffé, popularizou as carreiras de motor en Brasil a finais dos anos trinta. Landi deixara a escola ós once anos para traballar como mecánico, e máis tarde empezou nás carreiras de rúa ilegais polas noites, onde tivo frecuentes enfrontamentos coa policía.[1] En 1934 fixo a súa debut nas carreiras, no segundo Gran Premio de Río de 1934. Liderou ata oito voltas da meta, cando o seu motor fallou.[2] Foi o piloto brasileiro máis popular do seu tempo, xa que moitos consideraban a Teffé un expatriado rico en lugar dun brasileiro puro, xa que comezara a súa andaina nas carreiras cando vivía en Italia. Irineu Corrêa, quen terminou gañando o Gran Premio de Río de 1934, morreu nun accidente na primeira volta do ano seguinte, deixando a Landi como o mestre indiscutible das carreiras de preguerra no Brasil. Landi competíu no estranxeiro en 1938, terminando oitavo en Berna, no que xeralmente se considerase a primeira participación dun brasileiro nun Gran Premio (Teffé correra no estranxeiro antes, pero considérase un italiano con pais brasileiros).[3] Landi's first Brazilian GP victory came at the 1941 Rio de Janeiro Grand Prix.[2]

Landi foi o primeiro piloto brasileiro en gañar unha carreira de Gran Premio, levando a un Ferrari á vitoria no Gran Premio de Bari en 1948.[4] Ese ano disputouse coás regulacións da Fórmula Dúas. Tamén acabou segundo na carreira fora de campionato de 1952 do Gran Premio de Albi nun Ferrari 375.[4]

Landi tamén gañou en 1960 as Mil Millas do Brasil nun Alfa Romeo JK 2000, xunto con Christian "Bino" Heins. Esta foi a primeira vez que un automóbil de fabricación brasileira gañou esta prestixiosa carreira, en lugar do estadounidense "Carretera" special.[5]

Resultados completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos. Puntos
1951 Escuderia Bandeirantes Maserati 4CLT/48 Maserati 4 en liña SUI 500 BEL FRA GBR ALE
NCG
ESP
NCG
NC 0
Francisco Landi Ferrari 375/50 Ferrari V12 ITA
Ret
1952 Escuderia Bandeirantes Maserati A6GCM Maserati 6 en liña SUI 500 BEL FRA
NCG
GBR ALE NED
9*
ITA
8
NC 0
1953 Escuderia Bandeirantes Maserati A6GCM Maserati 6 en liña ARX 500 NED BEL FRA GBR ALE SUI
Ret
NC 0
Scuderia Milano ITA
Ret
1956 Officine Alfieri Maserati Maserati 250F Maserati 6 en liña ARX
4*
MON 500 BEL FRA GBR ALE ITA 25º 1.5
* Indica unidade compartida

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Wolfe, Joel (2010). Autos and Progress: The Brazilian search for Modernity. New York City: Oxford UP. pp. 99–100. ISBN 978-0-19-517456-4. 
  2. 2,0 2,1 Wolfe, p. 101
  3. Wolfe, p. 231 (footnote)
  4. 4,0 4,1 Small, Steve (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Guinness Publishing. p. 218. ISBN 0851127029. 
  5. Serapicos, Mário (1983-02-11). Kfouri, Juca, ed. "Uma tradição de 27 anos" [A 27-year tradition]. Placar (en Portuguese) (Editora Abril) (664): 64. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]